Inicio Galicia A Xunta promove a difusión das mellores estratexias de deseño de marca...

A Xunta promove a difusión das mellores estratexias de deseño de marca para adaptar os negocios ao novo escenario

0
image_gallery.jpg

A Axencia Galega de Innovación (Gain) organiza o terceiro encontro virtual do ciclo “A era poscovid: redeseñar o mundo” o vindeiro 24 de setembro


A Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), retoma o vindeiro xoves 24 de setembro o ciclo online “A era poscovid: redeseñar o mundo”. Neste terceiro encontro en formato virtual, cinco expertos galegos na estratexia de marca compartirán a súa visión de futuro sobre o valor do deseño e posicionamento de marcas fortes e ben enfocadas no novo contexto aberto pola crise do coronavirus.

Baixo o título “Deseño de marcas en tempos da covid-19”, exploraranse as mellores fórmulas para deseñar marcas sólidas, coherentes e relevantes nesta época; analizaranse as boas prácticas postas en marcha polas marcas nestes últimos meses; e abrirase o debate sobre o papel destas na reactivación económica.

O impacto que a pandemia está a ter sobre os hábitos dos consumidores e os factores de decisión de compra será un dos eixos do encontro. Os relatores abordarán a incidencia destes cambios nas estratexias de marca, así como a aceleración da transformación dixital dos negocios.

Nesta ocasión, os profesionais galegos do deseño de referencia que compartirán a súa visión cos participantes son Iván Mato, director creativo de Jones Knowles Ritchie en Londres; Dani Bembibre e David Silvosa, socios do estudio de deseño e construción de marcas Costa; e Charo Froján e Alfredo Olmedo, creativos da marca de moda D-due. O programa está dispoñible na web de Gain e a inscrición pode realizarse na seguinte ligazón.

Taller de deseño para a transformaciónUns días despois, o 29 de setembro, terá lugar o segundo taller do ciclo Deseño para a transformación. Fundamentos para un deseño galego de futuro, promovido pola Xunta, para levar a cabo unha reflexión colectiva que permitirá configurar ao longo dos próximos meses un manifesto e principios de innovación desde o deseño para Galicia, co obxectivo de que este poida contribuír dun xeito máis eficiente á innovación e á competitividade na comunidade. O taller, que se celebrará en formato online, contará coa participación de Carola Verschoor, referencia internacional en deseño de negocios e transformación.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre