Inicio Galicia A Xunta promociona as froitas e hortalizas galegas na feira ?Fruit Attraction?...

A Xunta promociona as froitas e hortalizas galegas na feira ?Fruit Attraction? de Madrid da man de seis empresas coexpositoras

0

A Consellería ten un posto propio de 150 metros cadrados onde, ademais das empresas, están tamén os consellos reguladores das IXP pataca e castaña de Galicia


A Consellería do Medio Rural está presente estes días na feira Fruit Attraction, que se celebra desde hoxe e ata o vindeiro xoves 24 en Madrid, da man de seis empresas galegas dos sectores da froita e das hortalizas.

Así, a Consellería ten un posto propio de 150 metros cadrados onde están como coexpositoras as empresas alimentarias de Horsal, Hortícolas Galegas, Hortoverín, Legufrut Agro, Patatas Conde e Porto-Muíños. Ademais, tamén están presentes as indicacións xeográficas protexidas pataca e castaña de Galicia, que teñen programadas varias accións promocionais tipo showcooking e dirixidas polo coñecido chef José Manuel Mallón.

Entre os produtos a promocionar nesta feira, destacan as patacas, as castañas, os grelos e outras verduras, hortalizas e froitas que contan en Galicia cun selo de calidade. Grazas a este tipo de eventos internacionais, danse a coñecer os produtos galegos da horta para seguir impulsando así o seu prestixio fóra das nosas fronteiras.

Neste senso, cómpre sinalar que nesta undécima edición de Fruit Attraction espéranse máis de 90.000 visitantes procedentes de 130 países, que poderán desfrutar de case 1.800 postos en máis de 55.000 metros cadrados de espazo expositivo.

O programa de invitados internacionais permitirá traer á feira a máis de 1.000 compradores de todo o mundo, sendo este ano os países importadores invitados os de China, India e Singapur. Ademais dun gran número de actividades e mostras, destacan os “Foros Innova” e “Foro Smarte Agro”, de tipo máis comercial.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre