Inicio Galicia A Xunta prevé iniciar a principios de setembro as obras de rehabilitación...

A Xunta prevé iniciar a principios de setembro as obras de rehabilitación de catro inmobles na Tinería nas que se investirá máis de 1 millón de euros

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu á firma das actas de replanteo de tres deste edificios, paso previo para executar os traballos


A Consellería de Infraestruturas e Vivenda prevé iniciar a principios de setembro as obras de rehabilitación en catro inmobles no barrio da Tinería, en Lugo. Así o anunciou o delegado territorial, José Manuel Balseiro, quen asistiu esta mañá á sinatura das actas de replanteo de tres destes inmobles, encontro no que tamén participaron representantes da asociación de veciños e de empresarios deste barrio.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda destina un orzamento de 1,1 millón de euros a estas actuacións, que permitirán poñer á disposición da cidadanía oito vivendas de promoción pública e dous locais comerciais. Os edificios nos que se prevé comezar proximamente as obras son os situados nas rúas Recanto do Miño 11-13 e 17 e na rúa Tinería 30.

No caso do número 15 da rúa Tinería, a Xunta está pendente de obter a licenza municipal correspondente, para o que xa presentou o proxecto modificado a semana pasada, segundo os requirimentos municipais. Non obstante, espera que o Concello resolva a tempo para iniciar a rehabilitación deste edificio conxuntamente co resto.

As obras dos inmobles da rúa Tinería foron adxudicadas á empresa Construcciones Orega e permitirán dispoñer de catro vivendas no número 15 e dúas no número 30. Os traballos en Recanto do Miño 11-13 darán lugar a unha vivenda, o mesmo que a actuación prevista na Rúa Recanto do Miño, 17. Estas dúas últimas serán executadas por Obras y Viales de Galicia.

Polo que respecta aos novos locais comerciais, estarán emprazados na rúa Tinería 15 e Tinería 30. O primeiro deles terá unha superficie de 86 metros cadrados e o segundo, de 23 metros cadrados.

Xuntanza coas asociacións veciñais e de empresarios do barrioNeste acto, no que estivo tamén o xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda, Javier Arias Fouz, participaron representantes das asociacións de veciños e empresarios da Tinería, que foron informados sobre as características destes proxectos.

O delegado territorial subliñou que con esta actuación o Goberno galego continúa impulsando “unha iniciativa que por unha banda permitirá a recuperación de inmobles que hoxe presentan unha situación de deterioro” e, pola outra, “a creación de novas vivendas a prezos accesibles, que despois serán obxecto de adxudicación a persoas que teñan interese en vivir nesta zona”.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre