Inicio Galicia A Xunta presta apoio técnico ao Concello de Coristanco para solucionar os...

A Xunta presta apoio técnico ao Concello de Coristanco para solucionar os problemas nos sistemas de saneamento e abastecemento causados pola falta de mantemento

0

Técnicos de Augas de Galicia desprazáronse ao municipio para coñecer o estado das instalacións municipais e analizar o seu funcionamento, concluíndo a existencia de importantes deficiencias ocasionadas pola explotación incorrecta

A Xunta, a través de Augas de Galicia está a colaborar co Concello de Coristanco para solucionar os problemas que presentan os sistemas de saneamento e abastecemento municipais causados pola falta do mantemento axeitado nos últimos anos.

Técnicos da administración hidráulica desprazáronse ao municipio para coñecer o estado das instalacións municipais e analizar o seu funcionamento, concluíndo a existencia de importantes deficiencias ocasionadas por unha explotación incorrecta.

Esta inspección dará lugar a unha auditoría completa na que se determinarán as actuacións necesarias para solucionar as carencias.

Os traballos permitiron examinar a situación das instalacións de depuración nas parroquias de Portoquintáns, Traba e Vilaverde, así como da depuradora executada coincidindo coa apertura dun centro comercial na entorna. E tamén permitiron comprobar o estado da potabilizadora municipal.

Os técnicos de Augas de Galicia na súa labor de inspección puideron comprobar que as catro depuradoras presentan problemas nos seus bombeos de cabeceira, onde a presenza de toalliñas húmidas no sistema de saneamento están a provocar atascos importantes, que provocan vertidos de augas residuais.

A esta problemática xeral, súmanse as deficiencias detectada polos técnicos nos casos particulares das infraestruturas de Traba, pola antigüidade da mesma, e na de Vilaverde, onde a depuradora ten o cadro eléctrico queimado.

En canto á depuradora situada no entorno do centro comercial, o análises do seu funcionamento determina que precisa ser ampliada antes de conectar aos núcleos próximos que carecen actualmente de servizo de saneamento.

Neste casos, e á vista do exame técnico, as melloras da situación destas 4 instalacións é clave para que o Concello poida plantear nun futuro a externalización dos servizos.

Finalmente, os técnicos de Augas de Galicia tamén comprobaron o estado da potabilizadora municipal que, con case 30 anos de antigüidade, opera en condiciones de tratamento que superan amplamente o seu deseño primitivo e exceden a súa capacidade de subministro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre