O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, indicou que esta campaña é unha firme aposta pola promoción da nosa gastronomÃa da que xa desfrutaron mais de 70.000 persoas dende que se puxo en marcha
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado do presidente de Agatur, Juan Luis GarcÃa e do representante de Fegatur, Francisco Almuiña, asistiu esta mañá á presentación da campaña “Outono Gastronómico” na súa xa XIV edición, na que participan 70 establecementos de turismo rural galegos e que terá lugar ata o 13 de decembro.
Segundo explicou Alfonso Rueda, esta campaña é unha aposta polos produtos turÃsticos galegos máis consolidados, deseñada para dinamizar a demanda turÃstica despois da época estival e na que ao longo dos seus 14 anos de historia xa desfrutaron máis de 70.000 persoas que xeraron máis de catro millóns de euros coas súas estadÃas nos establecementos de turismo rural adheridos ao programa.
Alfonso Rueda destacou “que este é un ano no que se converteu o turismo rural en Galicia nun foco de atracción debemos seguir potenciando Galicia como destino seguro, e toda a xente que nos queira vir a visitar saiba que temos moitos espazos, moitos establecementos que se poden visitar con total garantÃas sanitarias”A campaña á que se suman ano tras ano máis establecementos é unha boa proba de que a colaboración público/privada no ámbito do sector turÃstico xera riqueza para o territorio e contribúe a dinamizar a nosa gastronomÃa e á promoción de produtos como os viños e os licores tradicionais da nosa comunidade.
A campaña permite desfrutar dun menú asà como contar co aloxamento aproveitando a gastronomÃa que presenta cada establecemento. AsÃ, o programa contempla dende a posibilidade de cear nun dos establecementos adheridos ao programa a un fin de semana outono gastronómico. Como novidade este ano ofrecese o “Outono plus”, co que as casas participantes ademais da restauración e o aloxamento, porán á disposición dos seus clientes distintas outras actividades complementarias como paseos a cabalo, rafting, sendeirismo, visitas culturais, entre outros.
Por outra parte, Alfonso Rueda indicou que de desde o primeiro momento da crise, a Xunta de Galicia traballou arreo para estar ao lado do sector turÃstico galego, ben ofrecendo formación, desenvolvendo protocolos de seguridade nos distintos subsectores, poñendo en marcha medidas de promoción como a campaña de publicidade Galicia volve -aÃnda en marcha- e mesmo creando programas de incentivo para a contratación dos servizos turÃsticos de Galicia pola cidadanÃa xeral ou colectivos especÃficos.