Inicio Galicia A Xunta presenta o proxecto para investir 1,6 M? na ampliación do...

A Xunta presenta o proxecto para investir 1,6 M? na ampliación do cauce do río Lagares no polígono do Caramuxo, en Vigo, coa fin de reducir o risco de inundacións e o impacto nas industrias

0

Vázquez Mourelle indica que a Xunta lle remitiu hoxe ao Concello os 5 proxectos técnicos das obras previstas no río Lagares, entre elas, a do ámbito do Caramuxo

A Xunta presenta o proxecto para investir 1,6 millóns de euros na ampliación do cauce do río Lagares no polígono do Caramuxo, en Vigo, coa fin de reducir o risco de inundacións e o seu impacto nas industrial.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, abordou hoxe o Plan de xestión do risco de inundacións do Lagares coa directiva de Asime e as empresas instaladas no polígono do CaramuxoVázquez Mourelle trasladoulles que a Xunta lle remitiu hoxe mesmo ao Concello de Vigo o proxecto para esta contorna, xunto coas demais actuacións que compoñen o Plan de xestión do risco de inundacións do río Lagares.

Entre os proxectos técnicos das 5 actuacións prioritarias atópase o do polígono do Caramuxo, cuxa finalidade é protexer o territorio, as propiedades e as fábricas mellorando a capacidade hidráulica do río.

A intervención nesta zona céntrase en anchear a canle do Lagares ao longo dun treito de 815 metros do río neste ámbito, elevando a súa capacidade e reducindo o risco de asolagamento.

Trátase de manter nas condicións actuais a liña inferior da sección transversal do río e formar unha pendente tendida nas liñas superiores para aumentar a capacidade do leito.

De forma complementaria tamén se prevé retranquear as sendas fluviais existentes en ambas as dúas marxes do río.

Plan de xestión do risco de inundaciónsA conselleira lembrou que o do río Lagares é un dos plans específicos que a Xunta está a desenvolver para as 9 zonas fluviais de Galicia con maior risco de inundacións.

O Plan, cun orzamento total de 6,8 millóns de euros, recolle unha serie de actuacións paliativas e preventivas, de aplicación pola Xunta e o Concello, para minimizar o risco de enchentes.

O pasado día 3 de novembro a Xunta remitiulle ao Concello de Vigo o protocolo para cooperar no desenvolvemento, por parte a Xunta, das obras para previr o risco de inundacións, coa xestión dos terreos por parte da administración local.

En total, o documento abrangue obras para mellorar o espazo fluvial do Lagares en 4 ámbitos da cidade -entre eles o Polígono do Caramuxo-, e a creación de áreas de inundación controladas.

Ethel Vázquez sinalou que as medidas buscan incrementar a capacidade de predicir o risco de inundación e aproveitar a elaboración do novo Plan de urbanismo de Vigo para delimitar con claridade as zonas inundables e reforzar a prevención.

Apuntou que o plan aposta pola naturalización do leito do río e as infraestruturas verdes, fronte a outras solucións baseadas na construción de infraestruturas que afastan aínda máis os ríos do seu estado natural.“A Xunta quere destinar 6,8 millóns ao obxectivo de reducir o risco de asolagamentos en Vigo e agardamos contar coa colaboración do Concello para poder empezar a desenvolver estas obras o antes posible”, remarcou.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre