Inicio Galicia A Xunta presenta o Portal de Transparencia para o acceso a información...

A Xunta presenta o Portal de Transparencia para o acceso a información da administración local galega

0

A ferramenta facilitará a presentación de solicitudes de datos públicos no respectivo concello


A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, acompañada pola directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, presentou este venres o Portal de transparencia local de Galicia, un instrumento que concentra o acceso a información relacionada coa transparencia na Administración Local galega. Xa hai máis de medio centenar de persoas inscritas no portal.

A ferramenta xorde da colaboración entre a Xunta de Galicia, a Universidade de Vigo e a FEGAMP, permitindo incorporar as recomendacións dun grupo de expertos en eido local do ámbito universitario. Deste xeito, pon a disposición das entidades locais galegas unha plataforma gratuíta na que poidan publicar o seu propio portal de transparencia con toda a información nesta materia que esixe tanto a lexislación estatal como as normas sectoriais do ámbito local.

Con esta aposta posibilitase a ampliación da transparencia da actividade publica local, facilitando a súa consulta dunha forma clara, estruturada, entendible e de fácil acceso. Nesta liña fomentase o achegamento á cidadanía das institucións, ca conseguinte mellora da calidade democrática.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre