Inicio Galicia A Xunta presenta o concerto de 'Campás no Camiño' que terá lugar...

A Xunta presenta o concerto de 'Campás no Camiño' que terá lugar o 28 de decembro no atrio da Colexiata no marco do Nadal Solidario

0

Cómpre lembrar que o cerne desta iniciativa son as 24 entidades e organizacións sociais participantes coas que o Goberno galego busca fomentar a solidariedade


A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo presentaron hoxe o concerto de Campás no Camiño, que terá lugar o vindeiro 28 de decembro ás 13.00 horas no atrio da Concatedral de Vigo, e que coordina a Coral Casablanca.

Tal e como coincidiron en sinalar ambas representantes do Goberno galego, non é o primeiro concerto de campás que se celebra, algo moi frecuente nas capitais europeas do norte o en cidades como Burgos, Segovia o Teruel, se ben si é o primeiro no que participa unha banda de gaitas, concretamente a viguesa Xarabal.

Con música de Ernesto Campos, no concerto participaran a propia Colexiata, San Francisco, Santiago de Vigo e Fátima. Os vigueses terán así a oportunidade de escoitar o diálogo entre campanarios, con dos músicos por cada un deles e conectados mediante unha aplicación informática co director da Coral Casablanca, Óscar Villar (achegamos estrutura da obra elaborada pola Coral Casablanca).

Acompañaron a Corina Porro e Nava Castro no acto de presentación, celebrado este luns na Delegación Territorial, o presidente da Fundación Coral Casablanca, Ignacio Pérez Amoedo, o seu director e responsable musical, Óscar Villar, o autor da música, Ernesto Campos, e o presidente da banda de gaitas Xarabal, Roberto Giráldez.

Talóns solidariosPor outra banda a delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, fixo entrega no marco do Nadal Solidario que desde o pasado 16 de decembro celébrase no Tinglado, de 7000 euros a sete entidades sociais. Así, Afan, Asdegal, Ayuvi, Misioneras del Silencio, Red Madre, Comedor de la Esperanza e Vida Digna, recibiron cadanseu cheque de 1000 euros.

A representante autonómica explicou respecto á elección das organizacións solidarias que reciben a doazón da Delegación Territorial da Xunta en Vigo que se valorou a súa atención directa ás familias.

Unha xornada intensa a desta previa de Noiteboa xa que o Nadal Solidario da Xunta recibía a visita de dous conselleiros, a de Política Social, Fabiola García, e do Medio Rural, José González, que se interesaron polas distintas actividades que se están a desenvolver estes días e compartiron cos máis cativos tempo nos obradoiros infantís, que incluíron reparto de leite amparado co selo de calidade “Galega 100%”, que distingue os produtos lácteos galegos de calidade superior.

Xa a tarde regresaron ao escenario o festival de Panxoliñas “Vigo, Xacobeo do Nadal”, e o Ballet Giro´s Danza de Matamá, que se encargou da sesión de peche no marco das actuacións.

En canto á programación de mañá, é a quenda da charanga de “Os Jalácticos” que estarán a partir das 13.00 horas no Tinglado. Xa o xoves volven o showcooking de Anfaco ás 13.00 horas, o Festival de Panxoliñas “Vigo, Xacobeo do Nadal” ás 19.00 horas e o grupo Con la Venia ás 21.00 horas.

Espazo solidarioCómpre lembrar que o cerne desta iniciativa son as 24 ONGs e organizacións solidarias participantes coas que o Goberno galego busca fomentar a solidariedade. Un lugar no que vigueses, turistas, peregrinos e empresarios poderán achegarse para aportar o seu grao de area. Un espazo, ideado pola Delegación Territorial de Vigo en colaboración coa sociedade civil e coa implicación de varias consellerías da Xunta e o Porto de Vigo, que busca canalizar a expresión solidaria dos cidadáns, pero que é moito máis, xa que permitirá encher a cidade de Vigo de cultura e tradición.

Deste modo, a iniciativa ten como obxectivo traballar coa sociedade civil, con entidades solidarias, fomentar accións participativas de ambiente familiar e colaborar en positivo coa cidade cun nadal próximo, xeneroso e solidario, con máis dun cento de actividades ao longo de todo o día en horario de 12 da mañá ás 10 da noite, estendéndose á medianoite os sábados e domingos.

Un proxecto co que se procura pór o foco de atención sobre os aspectos máis tradicionais do Nadal, nun espazo pensado para todos os públicos, coas familias como prioridade, cun programa que protagonizan os vigueses de principio a fin.

Nacemento da Catedral de SantiagoUn dos aspectos máis atraentes no interior do Tinglado é a mostra do Belén da Catedral de Santiago de Compostela, que en 60 metros cadrados amosará preto de 500 pezas articuladas. Asemade, haberá tamén demostración de oficios tradicionais, concertos de coros infantís, jazz, teatro e danza.

O apartado da animación corresponderalle á Federación de Bandas de Música Populares de Vigo e Asociacións de Corais Polifónicas, rondallas e agrupacións teatrais da cidade. Estarán presentes, alumnos da Escola de Arte Dramático, o coro infantil da Fundación Mayeusis, a Coral Casablanca ou os Bolechas, entre outros. Asemade, grupos locais e de jazz encargaranse de amenizar no horario ampliado ata as 00.00 horas as noites dos sábados e domingos.Á decoración tradicional do Nadal se suman, no interior do Tinglado, nove casetas de madeira que contan actividades propias nas que participan a Autoridade Portuaria de Vigo, que dará a coñecer os seus ambiciosos proxectos medioambientais; a Consellería de Medio Ambiente, coa celebración de talleres infantís que ofrecen desde experimentos de “Ciencia Divertida” ata actividades de reciclaxe e concienciación medioambiental; a Consellería de Mar, con actividades informativas das súas campañas; a Consellería de Cultura e Turismo e a Consellería do Medio Rural, que porán o foco de atención nos seus diferentes programas; Anfaco, que fará demostracións de conservas e organizará talleres informativos e showcookings; e as 24 ONGs que, en diferentes quendas durante as mañás e as tardes, terán a oportunidade de trasladar o seu proxecto solidario á cidadanía.

Terán así representación, APAM, Aspanaex, San Rafael, San Francisco, Igualarte, Down Vigo, Alento, Cáritas, o Comedor da Esperanza, as Misioneras do Silencio, AFAN, Ayuvi, Afaga, Asdegal, Red Madre, a Fundación Balms, Fundega, Discamino, Bicos de Papel, Asanog, Fundación Stop, Vida Digna, a Fundación Magar e a Asociación de Xordos de Vigo.

Así mesmo, a programación contará con xornadas especiais para os colexios, centros sociais de maiores e os nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Por último, a Fundación Celta de Vigo traerá xogadores do equipo de primeira división e do equipo Integra, formado por deportistas con discapacidade (gañadores este ano da Copa de España), cos que os visitantes poderán compartir momentos e pedirlles autógrafos.

Poaboado de Nadal, Reis Magos e carruselXa no exterior do Tinglado, na viguesa Praza da Estrela, hai disposto un poboado de Nadal e unha gran caseta onde o Paxe real recollerá as cartas dos máis pequenos da casa. Un espazo que completan o clásico carrusel e grandes figuras representando aos Reis Magos e ao tradicional moneco de neve. O eixo principal desta decoración é o Camiño de Santiago e os seus símbolos: a vieira ou as mouteiras.

Tamén participan no exterior as asociacións de comerciantes de Vigo, que se aquendarán para ofrecer información sobre campañas para as compras do Nadal nos barrios de Vigo; ou a Dirección Xeral de Xuventude, con animación xuvenil e máis de voluntariado para os mozos vigueses.

Haberá casetas para garapiñadas ou castañeiras tradicionais e un grupo de foodtrucks, entre os que participan: Pescanova, Frutas Nieves, La Joaquina e La Pepita. Todas elas contribuirán a este Nadal Solidario doando parte da recadación ás ONGs.

No solpor das fines de semana haberá concertos de grupos vigueses. Tamén está prevista a visita de varios conselleiros que manterán encontros con membros de organizacións e colectivos das súas áreas correspondentes en Vigo. Cómpre lembrar que neste proxecto involucráronse varias consellerías da Xunta e a colaboración do Porto de Vigo.

Outras actividadesLonxe das actividades propias no Tinglado e Praza da Estrela, incorpóranse a este Nadal solidario e comprometido a Federación de Asociacións de Veciños, celebrando un día completo de actuacións de relacionadas con estas datas que será patrocinado pola Xunta de Galicia.

Tamén haberá concertos en centros de persoas maiores e un gran concerto de campás que actuará simultaneamente en varias igrexas da cidade dende a Concatedral de Vigo, o 28 de decembro ás 13.00 horas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre