Inicio Galicia A Xunta presenta o anteproxecto para recuperar o emblemático edificio da estación...

A Xunta presenta o anteproxecto para recuperar o emblemático edificio da estación de autobuses de Vigo como centro interxeracional

0

Cun investimento de preto de 5 M€, o obxectivo é que conte cun centro de día, con 80 prazas para persoas maiores; cunha escola infantil de ata 82 prazas; cunhas oficinas para técnicos de servizos sociais; e cun espazo sociocultural

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou hoxe, na rolda de prensa do Consello, o anteproxecto para reformar e recuperar o emblemático edificio da Estación de Autobuses de Vigo como centro interxeracional, despois de que este servizo pase a desenvolverse na futura intermodal.

Cun investimento de preto de 5 millóns de euros, o obxectivo é que o futuro centro conte cun centro de día, con 80 prazas para persoas maiores; cunha escola infantil de ata 82 prazas; cunhas oficinas para técnicos de servizos sociais; e cun espazo sociocultural, que estará composto por unha aula multiusos, unha sala de exposicións e unha cafetería.

O edificio, plenamente sustentable, contará ademais con paneis fotovoltaicos; con puntos de recarga de batería; cun xardín interior, parcialmente cuberto e a disposición dos usuarios do centro de día, da escola infantil e dos demais servizos do edificio; e cun aparcamento para máis de 230 vehículos, que poderán usar durante o día os usuarios do centro e durante a noite todos os veciños do barrio.

Trátase dun proxecto que suporá: a reforma e a recuperación dun edificio emblemático na cidade, desde o punto de vista arquitectónico, cunha estrutura moi recoñecible; e novas prazas de atención á infancia e ás persoas maiores, e subliñou que para o funcionamento cotián da escola infantil e do centro de día destinaríanse preto de 1,5 millóns de euros anuais.

Por último, cómpre salientar que este centro interxeracional de Vigo será o terceiro destas características en Galicia, logo dos xa existentes en Ourense e Arteixo, e o primeiro financiado pola Xunta de Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre