Inicio Galicia A Xunta presenta en Vigo o novo modelo de sala de vistas...

A Xunta presenta en Vigo o novo modelo de sala de vistas dixital que está a implantar no ámbito xudicial galego

0

O Xulgado de Familia 1ª instancia de Vigo é un dos órganos con equipamento tecnolóxico de última xeración que permite celebrar vistas sen papeis

A Xunta de Galicia está a implantar un novo modelo de vistas, integramente dixital, que permitirá a celebración de vistas sen papeis. Estas salas están equipadas con elementos tecnolóxicos de última xeración e deseñadas para dar reposta ás necesidades actuais e futuras que poden darse no transcurso das mesmas. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora da Amtega, Mar Pereira, visitaron esta mañá o Xulgado de Familia 1ª Instancia de Vigo, un dos dez órganos que neste momento dispón de sala de vistas dixital. Rueda avanzou que se está a traballar para implantar este modelo noutras 30 salas de vistas a partir de 2019. Tamén asisitiron o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; o xuíz decano de Vigo, Germán Serrano; o xuíz titular do Xulgado de Familia, Daniel Tomás e o secretario coordinador da provincia de Pontevedra, José Tronchoni.

Leer más:  Rueda solicita a su nueva formación "responsabilidad, esfuerzo y compromiso" y agradece la labor de los conselleiros que se retiran

Equipamento tecnolóxico de última xeraciónAs salas de vistas dixitais están dotadas cun software de uso sinxelo e intuitivo desde o que o auxilio xudicial manexa un equipamento tecnolóxico de última xeración: micrófonos dixitais con calidade de audio profesional; cámaras de vídeo de alta definición no estrado e no fondo da sala con zoom robotizado; videoconferencia integrada; e pantalla para visualizar a sala desde as diferentes perspectivas e tomas de datos para a conexión de equipos.

Ademais da mellor calidade de son e imaxe coa que se rexistran as vistas, esta solución integrada ofrece unha imporante serie de vantaxes para o desenvolvemento dos xuízos. Xuíces e fiscais poden acceder desde os seus equipos ao Visor do Expediente Xudicial Electrónico sen necesidade de empregar documentos en papel. Ademais, facilita a visualización e gravación de probas físicas desde distintos puntos da sala e posibilita a participación de persoas desde fóra da sala con garantías para testemuñas protexidas e menores.

Plan SendaA dixitalización das salas de vistas é un paso máis na modernización da Xustiza en Galicia cuxa folla de ruta é o Plan Senda 2020, cun orzamento de 26 millóns de euros. Esta estratexia está a consolidar o traballo previo realizado no Plan Senda 2014 e que sentou as bases do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia, onde están en marcha todas as pezas que permitirán unha xustiza integramente dixital.

Leer más:  Intensifican la búsqueda del hombre que cayó al mar el viernes tras volcar su embarcación en Cangas (Pontevedra)

Unha das pezas angulares desa xustiza sen papeis é repositorio unificado xudicial que centraliza, nun punto único, toda a información xudicial, datos e documentos, xerada diariamente na tramitación procesual de calquera procedemento en calquera órgano xudicial Este repositorio permite a consulta de case nove millóns procedementos e 16 millóns de documentos onlineNos últimos anos puxéronse a disposición dos profesionais da xustiza diferentes solucións para facilitar a dixitalización das súas funcións e cuxo uso estase a intensificar. Así, no primeiro semestre do ano asináronse dixitalmente máis de 283.000 documentos, catro veces máis que os asinados durante o mesmo período do ano pasado. As consultas ao Visor do Expediente Electrónico Xudicial entre xaneiro e xuño ascenderon a preto de 22.000, o dobre que no mesmo período do ano pasado.

En canto ao equipamento que facilita á implantación das salas de vistas dixitais, cómpre lembrar que preto do 90% das salas de vistas de Galicia dispoñen de sistema de gravación de vistas con sinatura dixital eFidelius e todos os órganos xudiciais contan con sistema de videoconferencia. 

Leer más:  Detenidas dos mujeres e identificado un hombre tras una pelea multitudinaria en Ferrol (A Coruña)

- Te recomendamos -