Inicio Galicia A Xunta presenta ás asociacións de comerciantes viguesas a campaña de Nadal...

A Xunta presenta ás asociacións de comerciantes viguesas a campaña de Nadal de apoio e promoción ao comercio de barrio

0

O obxectivo desta iniciativa, en palabras da delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, é pór en valor o comercio de proximidade e a súa importancia nos barrios

A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, e a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, presentaron hoxe ás asociacións de comerciantes viguesas a campaña de Nadal de apoio e promoción ao comercio de barrio.

Unha nova iniciativa que parte da Delegación Territorial de Vigo e coa que se pretende, en palabras de Corina Porro, pór en valor o comercio de proximidade e a súa importancia nos barrios. “Presentamos unha campaña coa que queremos animar a todos os vigueses a comprar nos comercios dos seus barrios”, apuntou.

Deste modo, desde mediados de decembro e ata o 5 de xaneiro, os establecementos participantes sortearán entre os seus clientes 25 cestas cos produtos máis representativos da gastronomía galega, grazas á achega da Consellería do Medio Rural e á colaboración de Terras Gauda.

Asemade, colocaranse photocalls en 8 distritos co obxectivo de que os nenos e nenas vigueses que viven nestas zonas podan fotografarse cos Reis Magos.

Por outra banda, Corina Porro anunciou que as asociacións de comerciantes contarán cun espazo propio no marco do Nadal Solidario que a Xunta impulsa este ano no Tinglado do Porto entre o 16 de decembro e o 5 de xaneiro. Segundo explicou a delegada, será un punto de encontro, non de venta, no que os comerciantes poderán facer promoción dos seus establecementos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre