Inicio Galicia A Xunta presenta as actuacións en materia de transparencia para incluír no...

A Xunta presenta as actuacións en materia de transparencia para incluír no IV Plan de Goberno Aberto

0

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, participou esta mañá na Comisión Sectorial de Goberno Aberto

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, participou hoxe na Comisión Sectorial de Goberno Aberto entre o Goberno central, as comunidades autónomas e a Federación Española de Municipios e Provincias, na que expuxo as actuacións de Galicia en materia de transparencia que se incluirán no IV Plan de Goberno Aberto do Executivo central.

Natalia Prieto explicou que o Goberno galego aprobou o pasado xuño o decreto 97/2020, para regular determinados instrumentos para a xestión, a avaliación das políticas públicas, a supervisión e a mellora de calidade no sector público autonómico de Galicia, en desenvolvemento da Lei 1/2015 de garantía de calidade dos servizos públicos e da boa administración.

Co obxectivo de continuar a consolidar Galicia como unha administración pública moderna e transparente, a Xunta seguirá avanzando no fortalecemento da integridade institucional, coa próxima aprobación do Programa Marco de integridade institucional no sector público autonómico que contribúa a reforzar os mecanismos de control interno que xa levan funcionando dende hai anos e melloralos.

Do mesmo xeito, levaranse a cabo actuacións para reforzar a toma de decisións do Goberno galego e mellorar a xestión a través da automatización dos procesos e do reforzo das canles de participación cidadá.

Por outra banda, a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa tamén fixo referencia ao Sistema Integrado de Atención á Cidadanía (SIACI), unha ferramenta electrónica que dá cobertura desde un único punto ás queixas e suxestións, solicitudes de información xeral e particular e de acceso á información pública.

Ademais, coa implantación desta solución tecnolóxica optimizarase a xestión de tarefas entre os procesos que cubren os empregados públicos de distintas unidades, así como os prazos de resposta. Tamén se posibilitará medir a satisfacción sobre os servizos prestados, o que favorecerá a detección de posibles melloras.

A Administración autonómica traballa, por outra parte, en actuacións de mellora do Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta coa finalidade de incrementar a calidade e accesibilidade á información que se publica no ámbito da Administración pública por parte da cidadanía en xeral, e sobre todo, por parte das persoas con discapacidadeA maiores do reunión de hoxe, a Comisión Sectorial de Goberno Aberto tamén mantivo outros dous encontros ao longo desta semana para avanzar no deseño do IV Plan de Acción de Goberno Aberto. Nestes encontros participaron representantes da Dirección Xeral de Goberno Aberto do Ministerio de Política Territorial e Función Pública, así como dos ministerios de Facenda e Xustiza e das comunidades.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre