Inicio Galicia A Xunta presenta aos colectivos de maiores e xubilados de Vigo os...

A Xunta presenta aos colectivos de maiores e xubilados de Vigo os programas para estancias en balnearios e talasos

0

O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, informoulles que a Administración autonómica oferta máis de 1000 prazas en 16 balnearios e talasos de Galicia

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe unha reunión con colectivos de maiores e xubilados aos que informou da oferta de 1062 prazas en 16 balnearios e talasos da comunidade, dirixida ás galegas e galegos de máis idade dentro das novas edicións dos programas de Benestar en Balnearios e Benestar a través da Talasoterapia. “Dúas iniciativas que teñen como finalidade que as persoas maiores gocen do seu tempo de lecer en espazos que lles proporcionen unha maior calidade de vida”, tal e como sinalou.

No caso do programa de Benestar en Balnearios as quendas son de 10 días, con 9 noites cada unha, e desenvolveranse entre os meses de maio e outubro. As estancias nos talasos serán de 6 días e 5 noites cada unha, e terán lugar de maio a novembro. A Xunta financia un terzo do custe das prazas e as persoas interesadas teñen ata o vindeiro día 2 de maio para presentar as súas solicitudes.

En concreto, a Xunta pon á disposición dos maiores de 65 anos ou de 55 que sexan pensionistas 362 prazas no Hotel Talaso Louro da Illa da Toxa e no Thalasso Cantábrico de Viveiro e outras 700 prazas nos seguintes balnearios: Baños Vellos de Carballo, Hotel Balneario Augas Santas (Ferreira de Pantón), Balneario do Río Pambre (Palas de Rei), Termas de Lugo, Balneario de Acuña (Caldas de Reis), Os Baños da Brea (Vila de Cruces), Balneario de Caldelas (Tui), Termas de Cuntis-Hotel Castro, Balneario de Mondariz, Balneario de Molgas (Baños de Molgas), Gran Balneario do Carballiño-Residencia de Tempo Libre do Carballiño, Caldaria Termal de Laias (Cenlle), Lobios-Hotel Lusitano e Caldaria Termal de Arnoia.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre