Inicio Galicia A Xunta presenta a entidades públicas e privadas sen fins de lucro...

A Xunta presenta a entidades públicas e privadas sen fins de lucro a nova liña de axudas para a dixitalización dos seus fondos documentais

0

Será o vindeiro xoves, 5 de marzo, nunha xornada técnica na Cidade da Cultura, na que responsables da Amtega e da dirección xeral de Cultura explicarán os requisitos para solicitar esta subvención


O vindeiro xoves, 5 de marzo, a Cidade da Cultura acollerá unha xornada técnica, na que responsables da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e da dirección xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, presentarán a nova liña de axudas para que entidades públicas e privadas sen fins de lucro dixitalicen os seus fondos documentais. É unha das medidas da Memoria Dixital de Galicia para avanzar na conservación e universalización do patrimonio galego.

Trátase da segunda liña de axudas, que se pon en marcha e conta cun importe total de 750.000 euros para a dixitalización de fondos documentais en soporte papel (publicacións seriadas, manuscritos, mapas, material gráfico como fotografías, gravados, carteis, debuxos, monografías e folletos, e partituras, partituras anotadas ou manuscritos de música). Con esta nova convocatoria son xa máis de 1,4 millóns de euros públicos os destinados a facilitar a dixitalización de fondos patrimoniais.

Subvencións de ata 90.000 eurosA convocatoria, que sairá publicada no Diario Oficial de Galicia nos vindeiros días, subvencionará proxectos cun importe mínimo de 10.000 euros e máximo de 90.000 euros. As entidades beneficiarias recibirán un anticipo do 80% da subvención concedida este ano e o 20% restante en 2021, unha vez acreditado o remate dos traballos de dixitalización. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á súa publicación no DOG.

As axudas están dirixidas aos órganos estatutarios da Comunidade Autónoma, entidades locais, e entidades delas dependentes, universidades públicas e o Consello Galego de Universidades, entidades privadas sen fins de lucro que dispoñan de activos do patrimonio cultural de Galicia, Reais Academias e as Academias de Galicia, oficialmente establecidas e recoñecidas.

Vinte proxectos de dixitalización en 2019Da primeira liña de axudas beneficiáronse unha vintena de entidades cun importe total de 712.000 euros. Todos estes recursos, unha vez dixitalizados, estarán accesibles este ano desde o portal Galiciana, a porta de entrada á todos os fondos dixitais das bibliotecas, arquivos e museos de Galicia cuxos contidos irán aumentando a medida que se desenvolvan as actuacións previstas na Memoria Dixital de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre