Inicio Galicia A Xunta presenta a Clusaga as axudas para fomentar o desenvolvemento de...

A Xunta presenta a Clusaga as axudas para fomentar o desenvolvemento de envases, embalaxes e expositores de madeira

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, informou destes apoios que forman parte do programa para impulsar a construción en madeira no que a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste 1,7M€

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, presentou hoxe a representantes de Clusaga as axudas deseñadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para fomentar proxectos de desenvolvemento de envases, embalaxes ou expositores realizados con madeira. No acto tamén se abordaron as vantaxes e oportunidades do envasado neste material para os produtos agroalimentarios.

As axudas, que son de concorrencia non competitiva e teñan o prazo aberto ata o 30 de setembro, están dirixidas a empresas e organismos intermedios e oscilarán entre o 60 e o 80% ata un máximo de 12.000 euros. Os requisitos que deben cumprir os interesados son o desenvolvemento dun novo produto, que o material principal sexa a madeira ou un derivado e garantir que o produto resultante obteña o selo da Asociación para la Certificación Española Forestal, do Consejo de Administración Forestal ou equivalente.

Esta liña forma parte do programa de axudas posto en marcha pola Xunta co obxectivo de fomentar a construción e o desenvolvemento de productos, proxectos e obras en madeira coa que se prevé impulsar 170 iniciativas a través de apoios por valor de 1,7M€ cos que se mobilizarán 9M€.

Xunto con esta liña, Xera tamén ofrece axudas para a redacción de proxectos de execución de construción nova, rehabilitación de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais. Haberá apoios para a redacción de proxectos de execución de novas vivendas unifamiliares ou rehabilitación e reconstrución. Por último, poderase optar a axudas para realizar obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais ou de negocio con produtos en madeira.

No marco do Plan de reactivación económica, as axudas están en liña coa Axenda da industria forestal 2019-2021 que pretende que os produtos forestais actúen como o elemento central para fomentar a bioeconomía, utilizando a madeira como material de orixe natural, reciclable e reutilizable. Este novo programa de apoios servirá para fomentar a demanda destes produtos, tendo en conta a utilización de elementos locais e tamén a protección medioambiental. Ao mesmo tempo, permitirá beneficiar non só aos promotores e empresas que impulsan os proxectos, senón tamén aos profesionais que os desenvolvan. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre