Inicio Galicia A Xunta prepara para traballar en gasolineiras a 20 participantes na Estratexia...

A Xunta prepara para traballar en gasolineiras a 20 participantes na Estratexia de inclusión social de Galicia

0

O obxectivo é que adquiran as competencias que os capaciten para desenvolver unha profesión e poder ingresar de novo no mercado laboral


Un grupo de 20 persoas que participan na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, impulsada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, veñen de rematar un curso de expendedores-vendedores de gasolineira no Concello de A Estrada.

A formación, que rematou hoxe, desenvolveuse desde o pasado 8 de outubro na sede da Fundación Estrada Dixital cunha duración total de 30 horas teóricas e prácticas, a través do equipo comarcal de inclusión socio-laboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en Lalín. O obxectivo principal do curso era formar ao alumnado para que sexa quen de prestar todos os servizos de gasolina, automoción e tenda, aplicando as normas básicas e específicas de seguridade para estacións de servizo e respectando en todo momento a normativa medioambiental e de seguridade vixente. A finalidade desta actuación é favorecer-posibilitar a inserción laboral, a través dunha capacitación que aumente as competencias profesionais dos participantes, de tal xeito que poidan desenvolver despois unha profesión e ingresar de novo no mercado laboral, sempre en función das súas demandas reais nese momento.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar conta na actualidade con 18 oficinas comarcais de inclusión sociolaboral distribuídas por toda Galicia, máis un equipo que opera no módulo 1 do centro penitenciario de Teixeiro, con internos que están a piques de obter a liberdade, no marco do programa "Nelson Mandela".


- Te recomendamos -