Inicio Galicia A Xunta porá en servizo en verán a nova senda peonil e...

A Xunta porá en servizo en verán a nova senda peonil e ciclista entre A Laracha e O Cancelo, grazas a un investimento de case un millón de euros

0

Os traballos consisten nun itinerario peonil e ciclista pola marxe esquerda da estrada autonómica, ao longo de case 2 quilómetros

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, visitou as obras da senda peonil e ciclista entre A Laracha e O Cancelo, na estrada AC-552. Os traballos que están a avanzar a moi bo ritmo consisten na construción dun itinerario para peóns e para bicicletas pola marxe esquerda da estrada, ao longo de case 2 quilómetros. O investimento da Consellería de Infraestruturas e Vivenda é de case un millón de euros e a previsión é que as obras rematen este verán.

O delegado territorial e o alcalde de Laracha supervisaron o avance das obras desta nova senda que ten un ancho de 2 metros e que está separada da estrada por unha zona axardinada con formigón coloreado, para que sexa máis visible para os vehículos.

Ovidio Rodeiro apuntou que esta senda, unida a outra que xa existe en Paiosaco, unha senda de uso compartido, peonil e ciclista, de 1,5 quilómetros, proxectada pola marxe esquerda da estrada que comunica os principais equipamentos do concello e na que se investiron 700.000 euros.

Leer más:  El juez Luís Villares pide retirarse del tribunal del parque eólico en Mondoñedo que criticó cuando era parlamentario

En total, estas actuacións, unidas ás aceiras xa existentes, proporcionarán aos veciños da contorna un itinerario peonil e ciclista de 6,7 quilómetros que permite unha mobilidade máis integrada na zona urbana e máis sostible co medio ambiente.

Ovidio Rodeiro apuntou que o Plan de sendas de Galicia na comarca de Bergantiños prevé a construción en total de 7 itinerarios peonís e ciclistas que suman 11 quilómetros e supoñen un investimento de 5 millóns de euros.“Nesta zona, apuntou o delegado territorial, é onde máis avanzados están os proxectos”. Nese sentido, salientou que na comarca de Bergantiños xa están rematadas as sendas de Laracha a Paiosaco; a de Xornes-Buño-Canta la Rana, entre Malpica e Ponteceso; a que une Carballo co polígono de Bértoa; e proximamente poranse en servizo a de Neaño-Cabana, e esta última entre A Laracha e O Cancelo. Neste senso, “precisamente hoxe, recalcou o delegado, acaba de publicarse no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se acorda realizar o pagamento do prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola obra do proxecto de construcción do itinerario peonil e ciclista na Ac-429, treito Neaño-Cabana”.

Leer más:  Amazon inaugurará una estación logística adicional en Cambre (A Coruña)

Para o delegado territorial “este tipo de actuacións inciden directamente na calidade de vida dos veciños porque apostan pola seguridade e pola integración na paisaxe dos itinerarios peonís e ciclistas e dan opción de apostar por unha mobilidade máis saudable”.

Para a execución destas sendas, a Xunta de Galicia conta con cofinanciamento de fondos europeos do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.


- Te recomendamos -