Inicio Galicia A Xunta porá en marcha un Programa Marco de prevención de risco...

A Xunta porá en marcha un Programa Marco de prevención de risco para reforzar os mecanismos de control existentes no eido da integridade institucional

0

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, compareceu no Parlamento para dar conta das medidas de integridade institucional e prevención de riscos que serán implantadas en Galicia


A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, indicou hoxe que o Goberno galego seguirá avanzando no fortalecemento da integridade institucional, coa vindeira aprobación do Programa Marco de integración institucional e prevención de riscos. O obxectivo é reforzar, mellorar e fortalecer todos os mecanismos de control interno que levan xa funcionando dende hai anos en Galicia, e impulsar a posta en marcha de novos mecanismos que permitan continuar consolidando a Galicia como unha Administración Pública íntegra e transparenteNatalia Prieto compareceu no Parlamento, a petición propia, para dar conta das medidas de integridade institucional e prevención de riscos de xestión que implantará a Xunta. Deu comezo a a súa intervención lembrando que no ano 2018, Galicia converteuse na primeira comunidade autónoma en asumir de forma voluntaria mecanismos de autorregulación para incrementar o control e seguimento de plans de prevención de riscos da corrupción da man do Consello de Contas.

Segundo explicou a directora xeral, mantendo esta liña o Goberno galego aprobará proximanente un Programa Marco de integridade e prevención de riscos que contemplará a posta en marcha, de xeito gradual, de distintas medidas orientadas ao fortalecemento dos sistemas de control interno e infraestrutura ética, ao fomento da integridade e á prevención de riscos da xestión naquelas actividades máis vulnerables ou sensibles.

Isto suporá non soamente o reforzo e a consolidación das medidas e actuacións xa en marcha senón que, seguindo o esquema e recomendacións formuladas polo Consello de Contas, incorporará todos os elementos que como mínimo, permitan consolidar no sector público autonómico un sistema sólido e avanzado de integridade, obxectividade, eficiencia e transparencia no funcionamento da administración pública galega e no desempeño da función pública.

Dous eixos fundamentaisEste programa incluirá medidas en dous eixos fundamentais, por unha banda, medidas de reforzo da integridade institucional e por outra banda, medidas de prevención e xestión de riscos.

No marco das medidas de reforzo do marco de integridade institucional, avanzarase na implantación dunha canle formal específica para comunicar a comisión de calquera irregularidade, canle de denuncia como medio para comunicar situacións relacionadas coa integridade, configurando as medidas necesarias para garantir a confidencialidade da información e a protección da persoa denunciante.

Actualizarase o Código ético institucional co reforzamento dos principio de integridade institucional e prevención de riscos, establecendo parámetros para avaliar o seu cumprimento. Crearase tamén un Comité de Ética, como órgano de garantía con capacidade para coñecer e dar resposta aos posibles dilemas éticos e de comportamento que poidan presentar os empregados públicos e altos cargos.

Entre as medidas de prevención e xestión de riscos, destaca a elaboración, en colaboración co Consello de Contas, de plans de prevención e control dos riscos que afectan á integridade institucional en cada consellería e entidade pública instrumental, a través dos cales, se elaborará o mapa de riscos respectivo mediante a identificación de tales riscos, a valoración do seu nivel de gravidade, as medidas preventivas a adoptar, a definición de responsabilidades e a conveniencia de engadir novas medidas ás xa adoptadas na Xunta de Galicia ou procedendo, noutro caso, á sistematización das existentes.

Estableceranse mecanismos de supervisión e avaliación do cumprimento das medidas do sistema de integridade e prevención de riscos, a través dunha comisión interdepartamental e reforzaranse as actividades formativas e de concienciación que permitan aos empregados públicos en xeral, e aos directivos en particular, a mellora dos coñecementos nos ámbitos da ética e integridade e na administración e prevención de riscos de xestión.

Cómpre destacar que o actual Goberno galego ten executado un ambicioso programa de medidas pioneiras en materia de transparencia, bo goberno e exemplaridade dende que iniciou o seu mandato, coa posta en marcha de medidas de carácter esencialmente preventivo co obxecto de impulsar unha actuación pública e responsable tanto, por parte de todos os cargos públicos e directivos como do conxunto de empregados públicos do sector público autonómico de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre