Inicio Galicia A Xunta porá en marcha un grupo de traballo sobre a Lei...

A Xunta porá en marcha un grupo de traballo sobre a Lei de xogo para acadar o máximo consenso cos colectivos implicados

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participou en Oviedo na Xornada de Xogo Responsable

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor indicou hoxe que o Goberno galego está traballando sobre a nova lei de xogo, e coa finalidade de acadar o máximo consenso vai pór en marcha un grupo de traballo para escoitar e ter en conta a todos os sectores implicadosLuis Menor, quen participou na Xornada de Xogo Responsable”, indicou que co novo desenvolvemento normativo acadarase unha actividade máis transparente e segura na nosa comunidade ao igual que se fixo coas máquinas tipo B.

O director xeral indicou na súa intervención que a Xunta está comprometida coa prevención das ludomanías e por iso está a traballar na elaboración desta normativa que regule e controle o xogo na nosa Comunidade e que garanta un xogo responsable, non liberalizando o sector senón establecendo limitacións e controis no seu desenvolvemento. Entre os obxectivos da norma autonómica mencionou o establecemento dun maior control por parte da Administración dos perigos e os riscos derivados dun abuso ou dun exercicio incontrolado do xogo, o establecemento duns principios e unha política de xogo responsable, unha actualización da norma que recolle as necesidades do sector e da sociedade en xeral na procura dunha conciencia xeral do que se entende como xogo responsable.

Estas políticas supoñen que o xogo debe abordarse desde unha responsabilidade social corporativa que contemple o xogo como un fenómeno complexo e que combine accións preventivas, de sensibilización, de intervención, de control e de reparación dos efectos negativos producidos.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre