O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as instalacións do Imelga, onde anunciou que o Goberno galego dá resposta asà a “unha reivindicación histórica” do organismo
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as instalacións do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) no edificio xudicial de Santiago de Compostela, onde anunciou que o Goberno galego porá en marcha un novo edificio propio de referencia e sede do organismo cunha superficie de 2.000 metros cadrados. à visita tamén acudiu o director de Xustiza de Galicia, Juan José MartÃn, e a directora do Imelga, Beatriz Otero.
A Xunta comezará a dar os primeiros pasos na creación deste inmoble que contará cun investimento de 3 millóns de euros. Alfonso Rueda aclarou que a Administración autonómica xa comezou a abordar a execución desta infraestrutura co Concello compostelán sobre a cesión da parcela na que poderÃa ubicarse; e tamén prevé colaborar coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do Instituto de Ciencias Forenses LuÃs Concheiro. AsÃ, para o inicio do proxecto o Goberno galego reservou 320.000 euros nos orzamentos do ano que vén.
A nova sede, que albergará a dirección do Imelga e a subdirección territorial de Santiago de Compostela, contará con oficinas, consultas, espazo para arquivos e para o acceso dos furgóns mortuorios ou cámaras frigorÃficas mortuorias, entre outras dependencias. Ademais, disporá de varias salas de autopsias con alto nivel de seguridade.
Alfonso Rueda incidiu en que a Xunta dá asà resposta a unha “reivindicación histórica” do Imelga e destacou que o organismo adquiriu “entidade suficiente” para contar cunha sede propia debido “ao seu recoñecido prestixio” e “a súa importancia no funcionamento da Administración de Xustiza a través de tódalas peritaxes que levan a cabo”.
Nesta liña, o vicepresidente primeiro da Xunta tamén anunciou que o Goberno galego destinará 830.000 euros para a instalación o próximo ano de varias salas deste tipo con nivel de bioseguridade BSL3 a disposición do persoal do Imelga, que lles permitan “traballar nas mellores condicións” e garantan a súa protección ante a exposición de axentes transmisibles por aerosois que poden causar enfermidades de transmisión respiratoria como a covid-19.
As salas estarán dotadas de todo o equipamento e mobiliario especÃfico para a realización de autopsias e incluirán caracterÃsticas técnicas especiais relacionadas coa ventilación e a descontaminación como presión negativa ou filtros de aire de alta eficacia (HEPA).
O Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) dispón na actualidade de sete subdireccións nas sete cidades galegas e concentra a pericia pública oficial médico-legal, de psicoloxÃa e de traballo social forense. Entre o seu persoal, conta con médicos forenses, psicólogos, traballadores sociais, funcionarios administrativos e auxiliares de autopsia.