Inicio Galicia A Xunta porá en marcha a segunda fase do Proxecto Primare para...

A Xunta porá en marcha a segunda fase do Proxecto Primare para facilitar a xestión dixital das explotacións agrogandeiras de Galicia

0

A directora da Amtega e o director xeral de Defensa do Monte inauguraron hoxe a xornada de presentación de resultados da primeira fase do Programa

A Xunta desenvolverá a segunda fase do Programa Primare tras validar a plataforma desenvolta para as inspeccións intelixentes avanzadas, cuxos resultados se presentaron hoxe nunha xornada celebrada na Cidade da Cultura. O encontro foi inaugurado pola directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director xeral da Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, Tomás Fernández-Couto.

Ambos representantes autonómicos expresaron o interese de que Galicia siga sendo un referente no desenvolvemento de solucións innovadoras aplicadas ao sector agrogandeiro e avanzaron, que á vista dos resultados positivos obtidos nesta primeira fase, o programa Primare terá continuidade afondando na aplicabilidade da tecnoloxía, non só no ámbito da política agraria común, senón tamén na xestión das explotación agrarias e das parcelas agro forestais de Galicia.

Esta continuidade materializarase no desenvolvemento dunha segunda fase da iniciativa, Primare – agricultura 4.0, que facilitará aos axentes do sector agrogandeiro dispoñer de ferramentas e servicios para simplificar, automatizar e facilitar a xestión asociadas das parcelas e das explotacións agrarias, e simplificar e dinamizar a súa relación coa administración.

Primare – agricultura 4.0 aproveitará os avances tecnolóxicos obtidos no desenvolvemento primeira fase da iniciativa, que acadou importantes fitos tanto na obtención de datos a través de medios non tripulados, como na automatización dos procesos de posicionamento desta información e na análise e explotación das imaxes para obter información de valor, tanto para os produtores como para a administración. Esta plataforma senta as bases de sistemas expertos aplicables noutros eidos relacionados coa xestión do sector primario.

Preto de 100 participantesDurante a xornada expertos no ámbito da política agraria común (PAC), representantes da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea e do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), así como dos medios aéreos non tripulados expuxeron as vantaxes do uso da tecnoloxía na simplificación dos procesos relacionados co ámbito agrogandeiro e da da vindeira Política Agraria Común. A xornada contou coa participación de preto de 100 profesionais dos sectores tecnolóxico e agrario e representantes doutras comunidades autónomas interesadas no proxecto.

Cómpre destacar que Primare foi presentado recentemente na conferencia MARS, organizada en novembro pasado en Praga por parte dos grupos expertos da comisión europea (JRC), e na que se deu conta dos avances no eido de tecnoloxías e monitorización agrarias por participantes de toda Europa, así como das liñas a impulsar pola comisión europea para o novo período da política agraria común (2021-2027).

Primeiro Proxecto CPTI no sector primarioO proxecto, liderado polo Fondo de Garantía Agraria (Fogga) dependente da Consellería do Medio Rural, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, desenvolveuse por un consorcio de empresas e centros de innovación (Seresco, Proyestegal, Insitu e o Centro Tecnolóxico Gradiant), que expuxeron o caso práctico de aplicación da tecnoloxía aos controis de campo da política agraria común, detallando os resultados conseguidos tanto dende o eido de innovación tecnolóxica, como no da simplificación, automatización e soporte ao desenvolvemento dos controis da PAC.

O Proxecto Primare é o primeiro proxecto de compra pública de tecnoloxía innovadora (CPTI) no ámbito do sector primario posto en marcha a nivel estatal, cun orzamento de 4millóns de euros cofinanciado nun 80% con Fondos Feder do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) procedentes do convenio de colaboración entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Gain e a Amtega dentro da iniciativa "Civil Uavs Initiative“.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre