Inicio Galicia A Xunta pon os seus recursos a disposición dos afectados de Motorkar

A Xunta pon os seus recursos a disposición dos afectados de Motorkar

0


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, mantivo esta tarde en Ferrol un encontro cos consumidores afectados polo peche de Motorkar. No encontro o representante autonómico trasladoulle o apoio da Xunta e puxo a disposición da plataforma os recursos dos que dispón o goberno autonómico a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia para tramitar as súas reclamacións. Ademais, trasladoulles a intención da Xunta de axudar en todo o que sexa posible dentro das súas competencias.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -