Inicio Galicia A Xunta pon en valor Salimat como escaparate da calidade e a...

A Xunta pon en valor Salimat como escaparate da calidade e a versatilidade gastronómica dos produtos do mar de Galicia

0


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe en Silleda a importancia do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, como escaparate para promover a difusión da calidade e da versatilidade gastronómica dos peixes e mariscos de Galicia. Así o sinalou durante a visita á 23º edición deste certame que se celebra en Silleda ata o 9 de xuño e no que a Consellería do Mar está presente cun posto de 160 metros cadrados no que se desenvolverán un total de 13 degustacións.

A través delas promociónanse distintivos de calidade como pescadeRías, creado pola Xunta para distinguir a frescura e a sustentabilidade dos produtos procedentes da pesca artesanal e do marisqueo de Galicia. Nestas degustacións tamén se poñen en valor produtos como o mexillón de Galicia, as conservas, a pescada do pincho, o bonito do norte e o rodaballo, entre outros.

Salimat é unha exposición que ten como principal obxectivo xerar oportunidades comerciais e ser un escaparate para os produtos innovadores, de calidade e para a distribución alimentaria. Celébrase de xeito paralelo á Feira Abanca Semana Verde de Galicia e a edición do ano pasado contou con 220 expositores, 50 actividades centradas no sector alimentario, máis de 1.400 reunións de negocio e 90 innovacións alimentarias na súa área de novos produtos Alinova.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre