Inicio Galicia A Xunta pon en valor os produtos agroalimentarios galegos con indicativo de...

A Xunta pon en valor os produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade mediante a campaña ?Come local?

0
image_gallery.jpg

A iniciativa da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, abrangue catro eventos gastronómicos centrados nos alimentos propios de cada unha das estacións do ano


A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), está a impulsar o consumo dos produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade mediante a campaña “Come local”. A iniciativa consta de catro eventos dirixidos a blogueiros e instagramers gastronómicos co fin de que difundan nas súas redes sociais as propiedades dos produtos ecolóxicos e dos provistos de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida.

A clave dos denominados “Xantares de vagar” é que cada un dos encontros se centra nos alimentos propios dunha das estacións do ano. Así, o evento que tivo lugar no concello lucense de Barreiros a comezos de mes dedicouse aos produtos característicos da primavera, cun menú no que tomaron protagonismo a IXP Fabas de Lourenzá, a IXP Ribeiras do Morrazo e a DOP O Cebreiro, ademais de produtos en ecolóxico como o cordeiro, os torresmos de porco, o leite, o café ou as infusións.

O resto de produtos agroalimentarios galegos con selo de calidade iranse presentando nos tres eventos que restan. Así, o 2 de outubro degustaranse en Santiago de Compostela alimentos propios do verán, o día 24 dese mes será a quenda dos produtos de outono no concello pontevedrés de Ribadumia, mentres o 21 de novembro o municipio ourensán de San Cristovo de Cea acollerá o último dos xantares, a base de produtos característicos do inverno.

Os “Xantares de vagar” só son unha parte da campaña “Come local”, xa que a Agacal tamén está a desenvolver outro tipo de iniciativas, como actividades formativas no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e accións de potenciación do consumo en comedores escolares sobre o impacto que supón o consumo de produtos certificados na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre