Inicio Galicia A Xunta pon en valor o traballo da Fundación Meniños e estuda...

A Xunta pon en valor o traballo da Fundación Meniños e estuda novas liñas de apoio para estreitar a colaboración co colectivo

0

A Conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza co presidente da Fundación Meniños, Xosé Manuel Villanueva

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza por videoconferencia co presidente da Fundación Meniños, Xosé Manuel Villanueva, e a directora xeral da organización, Mónica Permuy.

Lorenzana puxo en valor o traballo que desenvolve a fundación, unha entidade de acción social sen ánimo de lucro especializada na protección da infancia e a adolescencia, cun labor orientado a garantir o dereito que teñen nenos, nenas e adolescentes a vivir en familia. O colectivo traballa desde 1996 desenvolvendo programas de prevención e atención familiar en Galicia e Asturias, en colaboración coas administracións públicas e outras entidades.

Neste senso, a titular de Emprego e Igualdade comprometeuse coa Fundación Meniños a estreitar a colaboración que a Xunta vén mantendo coa entidade e, para iso, acordaron estudar novas vías de colaboración.

A Fundación Meniños atendeu desde 1996 a 8.870 nenos, nenas e adolescentes e a 6.643 familias nos seus programas de intervención, así como a 122.600 escolares en proxectos educativos e preventivos en 1.008 colexios e coa colaboración de 7.907 docentes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre