Inicio Galicia A Xunta pon en valor o importante labor dos Centros de Información...

A Xunta pon en valor o importante labor dos Centros de Información á Muller na loita contra a violencia de xénero

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, achegouse hoxe ata Redondela para coñecer de primeira man o traballo do CIM da localidade


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegáronse hoxe ata o Centro de Información á Muller (CIM) de Redondela para coñecer de primeira man o traballo que desenvolve, fundamental na promoción da igualdade e na prevención e loita contra a violencia de xénero.

O CIM de Redondela está atendido por tres profesionais, que prestan asesoramento psicolóxico e xurídico especializado. Durante 2018, recibiu 464 consultas e atendeu 223 persoas. A Xunta colabora no financiamento deste centro: desde 2009 ten investido máis de 450.000 euros no seu mantemento.

Os CIM realizan un importante labor como porta de entrada para as mulleres en situación de vulnerabilidade. Presta tamén atención especializada e asesoramento xurídico e psicolóxico en casos de violencia de xénero (denuncias, ordes de protección, ordes de afastamento…), xestión de aloxamento alternativo, tramitación de teléfono móbil de teleasistencia para as vítimas, xestión dos recursos necesarios nestes casos, apoio psicolóxico e colaboración con outros servizos de intervención en casos de violencia de xénero, como a Garda Civil, casas de acollida, servizos públicos sanitarios ou xurídicos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre