Inicio Galicia A Xunta pon en valor en Sportur as oportunidades que ofrece o...

A Xunta pon en valor en Sportur as oportunidades que ofrece o deporte para enriquecer a actividade turística de Galicia

0


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe o II Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur que se está a celebrar esta fin de semana en Ourense co apoio da Consellería de Cultura e Turismo e a Secretaría Xeral para o Deporte, así como o Consello Municipal de Deportes e de Turismo desta cidade. Con máis de 120 expositores con participantes de ata sete países, este evento consolídase como unha cita estratéxica para poñer en valor a importancia do deporte para enriquecer a actividade turística de Galicia.

En Sportur tamén teñen protagonismo as diferentes accións postas en marcha pola Xunta en turismo activo, que permiten descentralizar a actividade turística e achegar os SEUS beneficios tanto á costa como ao interior, dando así resposta aos compromisos da Estratexia do Turismo de Galicia 2020. Ata mañá Expourense acollerá esta cita na que participan as federacións e clubs deportivos de Galicia, así como destinos de turismo activo e vinculados coa natureza que comparten espazo con empresas especializadas na organización integral de actividades deportivas ou venta directa, entre outras. 

Leer más:  Xunta y Gobierno comenzarán negociaciones para resolver discrepancias sobre la ley de calidad alimentaria

- Te recomendamos -