Inicio Galicia A Xunta pon en valor a traxectoria do centro sociocomunitario de Viana...

A Xunta pon en valor a traxectoria do centro sociocomunitario de Viana do Bolo polos seus 30 anos de historia

0

As instalacións acolleron actividades durante todo o sábado como exposicións, concertos, inchables ou rutas para coñecer a historia da localidade

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe ao XXX Aniversario do Centro Sociocultural de Viana do Bolo. Alí puxo en valor o traballo realizado durante este tempo pola entidade para unir aos seus habitantes mediante eventos e actividades que axuden á súa confraternización.

Arturo Parrado lembrou a importancia dunha sociedade unida e comprometida co benestar de todas as persoas que integran un núcleo de poboación. Neste sentido, destacou a relevancia dos centros socioculturais que, coma este de Viana do Bolo, impulsan a convivencia e a integración das persoas en risco de exclusión.

O centro organizou unha xornada de celebración cargada de actividades para tódolos públicos con exposicións, rutas para coñecer mellor Viana, inchables ou concertos para celebrar estes trinta anos de traxectoria.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre