Inicio Galicia A Xunta pon en valor a simplificación dos trámites administrativos no impulso...

A Xunta pon en valor a simplificación dos trámites administrativos no impulso ao emprendemento e a creación de empresas

0

O secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea, abrirá o venres unha xornada sobre a redución das cargas administrativas no exercicio de actividades económicas

O secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea, será o encargado de abrir o próximo venres, 25 de outubro, en Santiago de Compostela a xornada sobre a redución de cargas administrativas no exercicio de actividades económicas, na que representantes da Administracións autonómica e local, a Rede Localis, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM) e universidades abordarán os avances na simplificación dos trámites legais que regulan a creación de empresas e a posta en marcha de iniciativas emprendedoras.

A Xunta e a Red localis, en colaboración coa Fegamp, organizan o encontro co obxectivo de analizar o marco normativo de aplicación no acceso ao exercicio de actividades económicas e o impacto dos novos procedementos legais. A xornada terá lugar a partir das 9:30 horas no salón de graos da Facultade de Dereito da Universidade compostelá e nela examinaranse, ademais das experiencias municipais na redución das cargas administrativas neste ámbito, como a implantación das técnicas de intervención posterior, o papel das entidades locais na simplificación destes trámites. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre