Inicio Galicia A Xunta pon en valor a relevancia cultural e turística da Rapa...

A Xunta pon en valor a relevancia cultural e turística da Rapa das bestas

0


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, achegáronse hoxe ata Sabucedo, na Estrada, onde se está a celebrar a Rapa das bestas.

A Rapa das bestas foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional en 2007 e xoga un importante papel á hora de aumentar e diversificar a demanda turística na nosa comunidade autónoma. Ademais, é destacable tamén o seu valor cultural, en tanto mantén unha tradición diferenciadora de Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre