Inicio Galicia A Xunta pon en valor a normalidade coa que se desenvolveu a...

A Xunta pon en valor a normalidade coa que se desenvolveu a xornada electoral

0

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, agradeceu aos electores, membros da mesa e representantes da Administración que seguiran as pautas sanitarias do Protocolo


O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor a normalidade coa que se desenvolveu a xornada electoral do pasado domingo pese as medidas adicionais tomadas como prevención da covid-19.

Así o sinalou durante unha rolda de prensa na que fixo balance das eleccións, e na que estivo acompañado polo equipo que colaborou na súa organización: a secretaria xeral técnica, Beatriz Cuíña; o vicesecretario xeral, Nicolás Vázquez; o subdirector xeral de coordinación de servizos transversais e coordinador de prevención das eleccións, Emilio de la Iglesia; e o subdirector xeral de réxime xurídico, José Ramón Pardo.

Durante a xornada electoral non se rexistraron incidencias salientables, máis alá das habituais que se producen en todas as convocatorias á hora de constituír as mesas (a chegada con atraso dalgún membro da mesa); ou as colas, que se deberon fundamentalmente ás limitacións de aforo nos locais e ao mantemento das distancias de seguridade. En definitiva, foi unha “xornada normal”, sinalou o vicepresidente en funcións.

O cumprimento das medidas sanitarias por parte dos electores, membros das mesas e representantes dos partidos foi xeneralizado. “Agradecemos a comprensión e colaboración da moitísima xente que se achegou a votar”, destacou, e estendeu tamén o agradecemento aos axentes das forzas e corpos de seguridade que traballaron para garantir a seguridade da xornada.

Rueda valorou que o bo desenvolvemento da xornada converte a Galicia nun referente para outros territorios nos que se celebren eleccións mentres continúe a crise sanitaria provocada pola covid-19. Proba dese interese, foi a visita dun representante do Goberno de Cataluña, que elixiu Galicia durante a fin de semana electoral para coñecer de primeira man a organización das eleccións e as medidas sanitarias adoptadas.

Protocolo sanitarioA Xunta aprobou un Protocolo de medidas de prevención ante a covid-19, que contou coa supervisión das autoridades sanitarias. No marco deste Protocolo, desenvolveu unha serie de actuacións para garantir o voto seguro o pasado domingo, porque “a premisa fundamental foi sempre garantir a seguridade sanitaria”, destacou o vicepresidente en funcións.

Así, habilitou e formou a principios de xuño a un equipo de 133 representantes da Administración para a coordinación e colaboración na adopción de medidas preventivas fronte á covid-19 que se encargaron de inspeccionar ata en dúas ocasións os preto de 2.400 locais electorais que hai en Galicia. Segundo referiu Rueda, tan só foi necesario cambiar de ubicación ao redor do 5 por cento dos locais.

Tamén distribuíu por todos os concellos a cartelería coa sinalización necesaria, na que se explicaba que medidas sanitarias había que manter, así como as marcas para fixar as distancias de seguridade.

Ademais, a Xunta tamén puxo en marcha un equipo de máis de 4.000 representantes da Administración con funcións de vixilancia e supervisión para asegurar o cumprimento das medidas en materia de saúde pública, que se distribuíron por todos os locais e se encargaron de regular os accesos e colaborar para que se cumpriran todas as medidas.

O material de protección tamén foi achegado por parte da Administración autonómica. En concreto, puxéronse a disposición dos electores preto de 2,4 millóns de máscaras, máis de 40.000 botes de xel hidroalcohólico e máis de 47.000 pantallas faciais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre