Inicio Galicia A Xunta pon en valor a internacionalización como vía para que as...

A Xunta pon en valor a internacionalización como vía para que as empresas da cadea mar-industria gañen competitividade

0


A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, salientou hoxe que a “internacionalización é unha vía irrenunciable para mellorar a competitividade das empresas galegas e recuperar o crecemento económico”. Neste eido destacou a gran tradición exportadora da industria pesqueira galega, grazas á que “o sector foi quen de sobrepoñerse á crise diversificando a súa actividade e aumentando a súa competitividade e o seu volume de negocio para buscar oportunidades en mercados con maior potencial de crecemento”. Así o expuxo durante o acto de peche do ciclo de formación O mercado asiático: oportunidades para o sector alimentario mar-industria de Galicia, do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).

Alí tamén explicou que o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca contempla medidas de comercialización de produtos da pesca e da acuicultura que teñan como propósito a procura de novos mercados. Un obxectivo, sinalou, que persegue a Xunta e para o que busca mellorar as canles de comercialización e distribución dos produtos do mar. Un exemplo desta aposta, engadiu, é a participación en eventos como o curso de Clusaga no que se trasladaron coñecementos ás empresas participantes sobre o mercado asiático como recurso para axudalas na planificación das súas actuacións de cara á internacionalización neses mercados.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre