Inicio Galicia A Xunta pon en valor a importancia das achegas da mocidade para...

A Xunta pon en valor a importancia das achegas da mocidade para seguir construíndo unha Europa máis forte e mellor

0

Santiago de Compostela e Vigo acollen estes días o ‘Parlamento Europeo dos Mozos’, no que participan 130 participantes de 23 países


O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, reuníronse hoxe en Santiago de Compostela cos 130 participantes do O Parlamento Europeo dos Mozos (European Youth Parliament, EYP, en inglés), que están a debater estes días, nas cidades de Santiago e Vigo, sobre o futuro do continente, baixo o lema Seeding the Future (sementando o futuro).

Na súa conversa cos mozos, Jesús Gamallo, resaltou que nun momento como o actual, resulta fundamental que os máis novos se involucren na construción do futuro do continente que desexamos proxectar. Gamallo tamén lembrou que ante os europeos preséntanse grandes retos por diante para defender e mellorar o modelo social e de convivencia actual: un modelo baseado no humanismo e a solidariedade; e nunha economía competitiva e innovadora para atender as distintas necesidades da cidadanía. Co obxectivo de defender eses valores, nos que se baseou a construción dunha Europa libre e cohesionada, é preciso o traballo de todos e resultan especialmente imprescindibles as achegas da mocidade.

Leer más:  El PSdeG pide a la conselleira do Medio Rural que se disculpe por sus declaraciones sobre los incendios

Nesta liña, Cecilia Vázquez destacou a importancia deste tipo de accións para fomentar o entendemento mutuo e a cooperación entre a mocidade europea. Ademais, apuntou que contribúen a comprender a identidade e os valores europeos.

O Parlamento Europeo dos Mozos (EYP, polas súas siglas en inglés) é unha organización apolítica e apartidista cun espírito educador encamiñado a lidar coas necesidades da mocidade europea. O EYP anima aos mozos para ter un pensamento crítico e independente e facilítalles a aprendizaxe de habilidades sociais e políticas, cruciais para o seu futuro. O EYP é unha das máis importantes plataformas europeas de debate político, encontros internacionais, aprendizaxe e intercambio de ideas entre a mocidade.

Está formado por unha rede de 40 asociacións e organizacións europeas nas que milleiros de mozos participan activamente de maneira voluntaria. A rede organiza ao redor de 200 eventos cada ano.

Galicia foi a Comunidade Autónoma seleccionada para acoller o Foro rexional do European Youth Parliament que tivo lugar en febreiro de 2018, e, entre o 15 e o 23 de xullo de 2018, o Foro internacional 2018 do European Youth Parliament, que se está a desenvolver entre Vigo e Santiago de Compostela. Nesta edición internacional están a participar máis de 130 participantes de 23 países de todo o continente europeo (UE, Bielorrusia, Ucraína etc). Trátase do maior evento xuvenil de carácter internacional que ten lugar en España en 2018.

Leer más:  La Xunta destinará más de 7,5 millones de euros en O Porriño para la eliminación del lindano, considerado "altamente contaminante"

- Te recomendamos -