Inicio Galicia A Xunta pon en valor a diversificación do oficio das redeiras cara...

A Xunta pon en valor a diversificación do oficio das redeiras cara a outros eidos como a artesanía e o turismo

0
image_gallery.jpg

A conselleira do Mar sinalou que as elaboracións das redeiras dan lugar a novas liñas de comercio no eido da artesanía, que avanzan xunto as liñas de turismo pesqueiro ou mariñeiro


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo hoxe de relevo o valor do oficio das redeiras e destacou a súa diversificación cara a outros ámbitos como o da artesanía e o turismo grazas ás grandes profesionais que compoñen o sector. Así o expuxo durante a inauguración da xornada informativa dedicada ás redeiras e titulada Diversificación profesional: oportunidades e vantaxes na nova conxuntura económica.

Alí tamén salientou a importancia desta diversificación para avanzar no desenvolvemento socioeconómico das zonas costeiras e para revalorizar os recursos pesqueiros e o traballo no mar. Neste sentido, a titular de Mar sinalou que as elaboracións das redeiras dan lugar a novas liñas de comercio no eido da artesanía, que avanzan xunto as liñas de turismo pesqueiro ou mariñeiro.

Todo isto, engadiu Rosa Quintana, é parte do patrimonio de Galicia e converte o oficio das redeiras nunha actividade de calidade cada día máis valorada e nun todo que xera novos empregos e abre novas vías de ingresos co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida destas profesionais.

Por último, a titular de Mar agradeceu o labor da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao na organización desta xornada na que tamén estiveron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.

Contido da xornadaA xornada informativa que hoxe se celebra en Arteixo incluíu ademais a mesa redonda Artesanía e turismo mariñeiro: oportunidades para diversificar, na que participaron a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.

Alí sinalaron que o proxecto Enredadas, impulsado pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en colaboración coa Consellería do Mar, constitúe un exemplo de diversificación do oficio tradicional das redeiras en Galicia, que está a abrir novas oportunidades de negocio para estas artesás a través doutros ámbitos como a moda, os complementos ou a decoración. Este proxecto foi o que propiciou que a Fundación Artesanía de Galicia fose galardoada como exemplo de boas prácticas co Premio Promociona para Entidades Públicas na XI edición dos Premios Nacionais de Artesanía 2016.

Durante a súa intervención, a directora xeral explicou a traxectoria do proxecto Enredadas, posto en marcha co obxectivo de ofrecer formación especializada e continuada ao colectivo das redeiras artesás de diferentes localidades galegas e acadar así unha renovación desta actividade tradicional que contribuíse ademais a xerar ingresos adicionais dentro deste colectivo.

O desenvolvemento do proxecto está permitindo establecer unha colaboración intersectorial con diferentes axentes: moda, mobiliario, bixutería, complementos, decoración, fotografía, escaparatismo ou xestión comercial. Ademais, estase a fomentar a comercialización off/online destas novas liñas de produtos en tendas adheridas á marca Artesanía de Galicia e outros puntos de venda privados; e a participación en diferentes feiras e eventos organizadas por institucións e accións de promoción, visualización e divulgación do proxecto.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre