Inicio Galicia A Xunta pon en valor a cultura e a tradición das bandas...

A Xunta pon en valor a cultura e a tradición das bandas de música entre a mocidade a través do programa Iniciativa Xove

0

Ademais da compoñente lúdica, a actividade serviu para dar a coñecer ás persoas participantes as posibles saídas profesionais vinculadas á música

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén Castro, e do alcalde de Ribadavia, César Manuel Fernández Gil, asistiu esta mañá á primeira edición do Xogo de Escape organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. O Castelo dos Condes Sarmiento foi o escenario no que se desenvolveu esta actividade, apoiada pola Xunta de Galicia dentro do programa Iniciativa Xove.

Cristina Pichel destacou que esta actividade lúdica é unha oportunidade para que a xente nova comparta experiencias, ao tempo que se dá a coñecer entre ela a historia e cultura das bandas de música galegas. Tamén ten unha vertente relacionada co emprego, pois aproveitouse a xornada para que as mozas e mozos músicos coñeceran da man das directoras e directores das bandas, persoal docente e xestores posibles saídas profesionais vinculadas a este campo artístico.

O Goberno galego financia ao abeiro da nova convocatoria de axudas do programa Iniciativa Xove 86 proxectos nos cales as persoas novas son as protagonistas e encárgase tanto de planificar como de desenvolver as actividades que elas mesmas deseñan. Estas axudas contan cun orzamento global de 400.000 euros e benefician directamente a máis de 400 mozas e mozos como promotores de iniciativas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre