Inicio Galicia A Xunta pon en valor a combinación da música, deporte e gastronomía...

A Xunta pon en valor a combinación da música, deporte e gastronomía galega durante O Marisquiño 2019

0

Vigo, 10 de agosto de 2019.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, visitaron hoxe o recinto do festival O Marisquiño que se está a celebrar en Vigo mesturando cultura urbana, deportes, música e tamén gastronomía galega. Percorreron as instalacións, incluíndo a área gastronómica onde se promove gran parte da oferta culinaria de Galicia nun evento que ano a ano contribúe a impulsar a actividade turística na cidade.

O Marisquiño consolídase como escaparate de Galicia en Europa e no resto de España e nos seus case 20 anos conseguiu medrar dos 200 participantes aos máis de 160.000 que a organización prevé este ano. A Xunta mantén o seu compromiso de seguir impulsando o evento e apoia esta edición con 120.000 euros, triplicando o investimento realizado o ano pasado e cumprindo o 100% da solicitude formulada pola organización.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre