Inicio Galicia A Xunta pon en servizo o luns a nova circunvalación das Pontes...

A Xunta pon en servizo o luns a nova circunvalación das Pontes reordenando a rede viaria e mellorando a mobilidade na contorna

0
image_gallery.jpg

A posta en servizo permite normalizar a circulación no núcleo das Pontes, ao restablecerse pola nova estrada a conexión entre a AC-101 e a AC-861


A Xunta pon en servizo o luns a nova circunvalación das Pontes de García Rodríguez coa fin de reordenar a rede viaria e mellorar a mobilidade nesta contorna.

A súa posta en servizo, o vindeiro 21 de setembro, permite normalizar a circulación no núcleo das Pontes, ao restablecerse pola nova estrada a conexión entre a AC-101 e a AC-861.

A intervención está practicamente finalizada, restando só remates nas glorietas e nas sendas máis próximas ao río, que se prevén acabar nos vindeiros meses, entre outubro e novembro.

O proxecto, cun investimento de máis de 2,9 millóns de euros financiado por Endesa Generación S.

A, foi acometido pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Estas obras, que comezaron en xaneiro de 2019, consistiron na construción dunha nova vía de acceso ao núcleo que funciona como circunvalación, separando a área industrial da residencial e mantendo a conexión coa AG-64.

A nova estrada, que servirá de alternativa á actual AC-861, ten 985 metros de lonxitude e comunica a AC-101 coa rúa alcalde Vilaboy Pajón.

A vía conta con 3 glorietas, unha en cada extremo e outra intermedia como intersección coa rúa Areosa e a de Acceso á Fábrica.

Ademais a actuación compleméntase cunha rede de sendas de máis de 2,4 km de lonxitude para facilitar a mobilidade peonil e ciclista. Estes itinerarios desenvólvense en paralelo á nova vía e ao río Eume, conectando coas instalacións de Endesa.

A intervención inclúe un aparcadoiro disuasorio no entorno da Casa da Enerxía, na Avenida Alcalde Vilaboy, así como a remodelación do tramo inicial das rúas Areosa e Irmáns Tojeiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre