Inicio Galicia A Xunta pon en servizo a pasarela de conexión do Monte do...

A Xunta pon en servizo a pasarela de conexión do Monte do Gozo coa rúa Ponte de San Lázaro en Santiago de Compostela

0

Esta infraestrutura, construída nas inmediacións coa estrada N-634, permitiu eliminar as escaleiras coas que se salvaba o desnivel existente

A Xunta vén de poñer en servizo a pasarela de conexión do Monte do Gozo coa a estrada N-634, na rúa de San Lázaro. Esta actuación enmárcase no proxecto de mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago no ámbito do Camiño Francés no Monte do Gozo, cuxos traballos están xa finalizados.

A nova pasarela sitúase nas inmediacións coa estrada nacional e coincide co treito final desta intervención da Xunta, que supón a transformación da imaxe do Camiño Francés no entorno da capela de San Marcos e na baixada do Monte do Gozo, cun investimento autonómico de case 1 millón de euros.

Os traballos permitiron a substitución das escaleiras por unha pasarela para salvar o desnivel entre a rúa do Gozo e a N-634. Na parte inferior, configurouse un espazo que sirve de antesala aos que percorran a nova pasarela en sentido ascendente, e tamén de desembarco e tránsito ata a recente actuación sobre a AP-9 para os que descendan.

Reordenación da contornaA Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acada así o obxectivo da reordenación da contorna de baixada do Monte do Gozo ata o paso coa estrada N-634, sobre a AP-9, permitindo gañar espazo para os peregrinos e os veciños da zona.

Para iso, no treito inicial da intervención, na zona da capela de San Marcos, creouse unha nova praza na que medrarán árbores autóctonas e con iluminación que resalta elementos singulares como a entrada ao adro. A plantación de árbores autóctonas está pendente de realizala no momento máis favorable desde o punto de vista do arraigo das plantas.

Tamén se retiraron os eucaliptos da traseira, conformando un espazo que se integra co resto do Monte do Gozo.

Ademais, no marco destas obras, dispúxose unha senda de baixada, a partir do adro da capela, que atravesa a carballeira e continúa o seu trazado paralela á estrada, separada desta por unha franxa verde.

No núcleo de San Marcos, executouse unha plataforma continua de formigón para favorecer unha convivencia harmónica entre peregrinos, veciños e vehículos, coidando especialmente o espazo fronte ás vivendas.

Estes traballos enmárcanse no proxecto para mellorar as entradas das rutas dos Camiños de Santiago á cidade de cara ao Xacobeo 2021, cun investimento global da Xunta de 10 millóns de euros, ao que se suman as actuacións que está a impulsar o Concello. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre