Inicio Galicia A Xunta pon en marcha unha nova orde de axudas para melloras...

A Xunta pon en marcha unha nova orde de axudas para melloras en centros de menores de iniciativa social

0

O Goberno galego destinará un orzamento total de 625.000 euros nesta convocatoria

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha nova orde de axudas para a mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social para 2020. As organizacións interesadas terán o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte desta publicación, para presentar as súas solicitudes. Poderán optar a estes fondos as entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro titulares dun ou máis centros de protección de menores que desenvolvan a súa actividade na Comunidade.

O Goberno galego destinará un orzamento total de 625.000 euros ás axudas desta convocatoria, segundo a cal se financiará o 100% do investimento subvencionable. Destes fondos, 187.500€ destínanse a equipamento e 437.500€ a obras menores. As contías mínimas de investimento para cada un dos casos serán de 5000€ para equipamento e de 10.000€ para obras menores.

Unha das novidades desta nova orde, tamén convocada nos anos 2017 e 2018, é que se establece a posibilidade de solicitar, unha vez notificada a concesión da axuda, un anticipo do seu importe que non poderá superar o 50% da axuda outorgada nin os 18.000 euros. Tamén se reducen os prazos para resolver a axuda, que pasa dos catro meses aos tres e adiántase o prazo para xustificar a subvención, pasando do 30 de novembro ao 20 de outubro. Modifícanse ademais os criterios de valoración, xa que se puntuarán os proxectos que consistan en reformas integrais dos centros.

A Xunta de Galicia asume a tutela daqueles menores que se atopan en situación de desamparo e o exercicio da garda nos supostos determinados polas leis de atención e protección da infancia. O acollemento é o modo de exercicio da garda como medida de protección, consistente no aloxamento e atención dun menor nun centro, na súa modalidade residencial, co obxecto de que este reciba a atención, a educación e a formación axeitadas que, polo menos temporalmente, non lle poida proporcionar a súa propia familia.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre