Inicio Galicia A Xunta pon en marcha un protocolo de colaboración entre Galicia e...

A Xunta pon en marcha un protocolo de colaboración entre Galicia e Portugal para as mulleres vítimas da violencia de xénero

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración das xornadas “Intercambio de experiencias de traballo Galicia-Norte de Portugal sobre Violencia de Xénero”, no marco do proxecto GNP AECT

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, avanzou hoxe no marco dunhas xornadas en Salvaterra de Miño, que a Xunta vai poñer en marcha un protocolo de colaboración entre Galicia e Portugal para as mulleres vítimas da violencia de xénero.

Alfonso Rueda participou esta mañá na inauguración das xornadas “Intercambio de experiencias de traballo Galicia-Norte de Portugal sobre Violencia de Xénero”, no marco do proxecto GNP AECT incluído no Programa Operativo de Cooperación Territorial España-Norte de Portugal (POCTEP), onde indicou que esta xornada de traballo que hoxe se leva a cabo reforza a unión entre Galicia e o Norte de Portugal, e desta volta nun eido tan importante como é a unión contra a violencia de xénero.

Ademais, tense elaborado unha análise dos equipamentos e dos recursos de Igualdade dos que dispoñemos na zona da fronteira así como un seguimento e estudo da normativa vixente que hai nos dous territorios, aproveitando as redes e recursos existentes e o intercambio entre colectivos e profesionais no ámbito da loita contra a violencia de xénero.

Alfonso Rueda indicou tamén que se deseñou unha guía para empresas en materia de conciliación e corresponsabilidade e tamén vaise poñer en marcha unha campaña informativa para dar a coñecer os resultados do proxecto.

Galicia e o Norte de Portugal teñen cooperado en numerosos ámbitos e agora se estende tamén esta colaboración á loita contra a violencia de xénero grazas ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero no que se levan investidos arredor de 16 millóns de euros para poñer en marcha medidas dirixidas a erradicar esta lacra.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre