Inicio Galicia A Xunta pon en marcha un programa de voluntariado ambiental nas praias...

A Xunta pon en marcha un programa de voluntariado ambiental nas praias da Costa da Morte e do Golfo Ártabro

0

Desenvolverase do 20 ao 24 de agosto e do 27 ao 31 do mesmo mes co obxectivo de estimular o interese pola preservación e a defensa ecolóxica destas zonas


A Xunta de Galicia pon en marcha un novo programa de voluntariado ambiental no litoral orientado a estimular o interese pola preservación e defensa ecolóxica desta zona marítima así como adquirir valores e actitudes de responsabilidade co medio ambiente no litoral.

O programa levarase a cabo en dúas quendas, unha do 20 ao 24 de agosto e outra do 27 ao 31 do mesmo mes. Estas dúas primeiras quendas levaranse a cabo nas praias da Costa da Morte (Corme, Laxe, Arou, Camelle, Baldaio, Razo,…) e no golfo Ártabro (rías de Betanzos, A Coruña, Ares e Ferrol).

O programa ten como obxectivo impulsar e propiciar a participación de persoas voluntarias (un total de oito por cada quenda) que queiran implicarse na conservación e mellora do medio ambiente no litoral cunha incidencia directa no entorno e que pode resultar unha magnífica oportunidade de desenvolver e acadar un enriquecemento persoal que lles permita un coñecemento do entorno social e medioambiental no que viven así como a posibilidade de adquirir habilidades de formación para o futuro.

Leer más:  Igualdad investigará el uso de fondos contra la violencia machista en una cena "para mujeres" convocada en Pontevedra

Ademais, con esta iniciativa, búscase preservar e protexer o medio ambiente nesas zonas de mar, promocionar valores de coidado e desenvolvemento sostible nos espazos litorais e conservar, promocionar e fomentar o noso patrimonio natural.

A acción voluntaria prevista neste programa desenvolverase cun máximo de 5 días á semana na que se realizarán actividades como retirada do lixo no litoral e a súa catalogación e clasificación posterior; labores de vixilancia ambiental e retirada de cinzas procedentes de incendios forestais.

O programa inclúe aloxamento e pensión completa, programa de actividades e monitores e seguro de accidentes e de responsabilidade civil. Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade.

Con carácter previo realizarase unha formación teórica inicial na que se tratará a prevención de riscos laborais, as características das praias nas que se vai traballar, ou app Marnoba entre outros.

Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado no litoral, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un diploma acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado seleccionará ás persoas voluntarias, e o prazo de inscrición estará aberto a partir do día 23 de xullo a través da páxina web de voluntariado. 


- Te recomendamos -