Inicio Galicia A Xunta pon en marcha servizos móbiles gratuítos de oftalmoloxía, podoloxía, atención...

A Xunta pon en marcha servizos móbiles gratuítos de oftalmoloxía, podoloxía, atención ao alzhéimer e apoio ás persoas maiores para as contornas rurais

0

A iniciativa desenvólvese nunha vintena de municipios galegos para que os maiores de 55 anos poidan acceder a novas prestacións á porta das súas casas


A conselleira de Política Social, Fabiola García, asistiu hoxe á entrada en servizo da nova rede de apoio aos maiores no rural denominada RedMay, coa que a Xunta leva ata a porta das casas destas persoas atencións para as que antes tiñan que desprazarse fóra das súas parroquias. Esta iniciativa, apoiada pola Unión Europea e da que se beneficia unha vintena de municipios de Galicia, consiste na posta en circulación de unidades móbiles na que os maiores de 55 anos acceden gratuitamente a servizos de oftalmoloxía, podoloxía, prevención do alzhéimer e de apoio persoal.

Fabiola García explicou que RedMay é un paso máis no compromiso do Goberno galego de facer realidade a preferencia que manifestan os nosos maiores de permanecer cerca das súas casas ben atendidos, con todos os servizos ao seu alcance e nas mellores condicións. A través deste anovador programa, a Xunta achega ao carón das vivendas dos maiores que residen no rural servizos de calidade que lles fan a vida máis doada e aos que poden acceder sen necesidade de moverse das súas localidades ou contornas máis inmediata.

Os diferentes recursos que ofrecen as unidades móbiles de RedMay irán rotando en función dos diferentes concellos, con estadías de cinco días en cada un deles. En Tordoia, como en todos os municipios das provincias da Coruña e Pontevedra, os maiores dispoñen de servizos de oftalmoloxía, podoloxía e atención ao alzhéimer.

OrzamentoO investimento global nesta proposta, que se está a desenvolver en Galicia e na rexión norte de Portugal e no a Xunta ten como socios á Universidade de Vigo e á Cámara Municipal de Braga, ascende a 1,1 millóns de euros, dos cales o 75% proveñen de fondos europeos. Deste orzamento total, 590.000 euros correspóndense coa participación da Administración autonómica.

Fabiola García enmarcou o RedMay no impulso dado nos últimos anos a diferentes prestacións que garanten o dereito a facerse maior na súa casa a quen así o elixa libremente. A este obxectivo responde o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar, co que o Executivo autonómico achega atención profesional a 24.000 domicilios da nosa comunidade; a extensión de Xantar na casa, co que se leva a comida feita os sete días da semana a veciñas e veciños de 170 municipios e co que se serven 40.000 menús ao mes; ou a creación da rede de Casas do maior, unha trintena de pequenos centros de día gratuítos no rural.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre