Inicio Galicia A Xunta pon en marcha o protocolo anti covid nos xulgados de...

A Xunta pon en marcha o protocolo anti covid nos xulgados de Pontevedra tras detectarse dous casos positivos

0

A Dirección Xeral de Xustiza deu traslado da situación á autoridade sanitaria para a posta en marcha dos PCRs necesarios e á empresa adxudicataria do servizos de limpeza para a desinfección das zonas de traballo e uso común

A Xefatura Territorial de Presidencia en Pontevedra puxo en marcha esta mañá o protocolo anti Covid nos Xulgados de Pontevedra tras detectarse dous casos positivos.

Trátase de dous traballadores do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra e do Xulgado de 1ª Instancia número 2.

A Xunta deu traslado da situación á autoridade sanitaria para a posta en marcha do procedemento de realización dos PCRs necesarios, así como á empresa adxudicataria do servizo de limpeza para a desinfección das zonas de traballo de ambos funcionarios, así como as zonas de uso común.

A Xefatura Territorial de Presidencia aplica así o protocolo aprobado polo Ministerio de Xustiza para garantir a seguridade laboral dos empregados públicos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre