Inicio Galicia A Xunta pon en marcha a campaña "Os Bolechas pola igualdade"...

A Xunta pon en marcha a campaña "Os Bolechas pola igualdade" con material didáctico para promocionar a igualdade no ámbito educativo e familiar

0

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentaron hoxe a campaña


A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentaron hoxe a campaña “Os Bolechas pola Igualdade”, con material didáctico a empregar tanto na escola como na casa para traballar cara a Igualdade entre aos mais novosPresentouse por primeira vez o material didáctico elaborado para promocionar a igualdade entre as nenas e nenos e no ámbito educativo e para as familias, como o libro dos Bolechas pola Igualdade, dos que se van a repartir 10.000 unidades; unha unidade didáctica para traballar nas aulas, das que se reparte 30.500 nos centros, así como 60.500 cadernos de actividades, e10.0000 chapas coa imaxe de os Bolechas pola Igualdade cos días internacionais: 8 de marzo e 25 de novembro http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/os-bolechas-pola-igualdadeUso de xoguetes sen estereotiposMantendo a mesma liña iniciada o pasado ano, presentouse tamén a campaña “Xoguetes para a igualdade. Xogamos iguais. Os xoguetes non teñen sexo”, que ten como obxectivo sensibilizar sobre o contido sexista e violento de moitos xogos e xoguetes, acabar coa segregación de nenas e nenos nos xogos derivada de estereotipos de xénero que persisten na sociedade e concienciar aos mais pequenos que poden xogar indistintamente co mesmo xoguete, que non hai cores de nenas e de nenos.

Neste sentido, é importante concienciar a nenos e nenas de que poden xogar indistintamente co mesmo xoguete, de xeito que se fomenten desde as idades máis temperás unhas relacións de igualdade e cooperación. Ademais, esta actuación tamén dá cumprimento a unha das propostas incluídas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que inclúe de xeito específico unha medida para fomentar xoguetes igualitariosAo abeiro desta iniciativa distribuiranse 7.000 carteis e 13.800 marcapáxinas cun decálogo de consellos, que se distribuirán nos centros comerciais, comercios, centros de ensino, centros de saúde e concellos. Pódese descargar todo o material en http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/xoguetes-para-igualdade-os-bolechasDecálogo dos xoguetes pola igualdade1. Non hai xoguetes de nenas e nenos. 2. Non hai cores de nenas e nenos. 3. O xoguete non fomentará condutas ou comportamentos violentos e agresivos. 4. Intenta elixir xoguetes que reflictan a diversidade de cada persoa. 5. O xoguete será divertido e seguro, favorecerá a imaxinación e a creatividade, axeitado á idade e ós gustos das nenas e dos nenos e libre de prexuízos sexistas. 6. Procura que os xoguetes e xogos favorezan a igualdade na participación e o desenvolvemento de sentimentos e afectos sen diferenza de nenas e nenos.7. Elixe xoguetes que xunten a nenas e nenos cooperando e compartindo espazos, tanto público como doméstico. 8. Regala xoguetes que estimulen a curiosidade e o interese por investigar, que axuden a promover todas as capacidades e habilidades persoais de nenas e nenos, posibilitando tanto os xogos tranquilos como os que fomenten a actividade física.9. Escolle xoguetes, xogos, libros e películas nos que se nomee e estean presenten as nenas e os nenos, as mulleres e os homes, respectando as diferenzas, recoñecendo a diversidade e libres de estereotipos de xénero.10. As nais e os pais supervisarán e serán partícipes dos xogos e lecturas das nenas e dos nenos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre