Inicio Galicia A Xunta pon en marcha a aplicación Passcovid, unha canle de contacto...

A Xunta pon en marcha a aplicación Passcovid, unha canle de contacto telemática cos cidadáns para facilitar a xestión da pandemia

0

Feijóo explica que complementará app estatal RadarCOVID, con novas funcionalidades grazas á colaboración voluntaria de la cidadanía

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha desde o vindeiro sábado 17 de outubro da aplicación Passcovid, unha canle de contacto telemática cos cidadáns para facilitar a xestión da pandemia.

Un novo instrumento de apoio na loita contra a pandemia, que ofrece un contacto directo cos cidadáns e que, tal e como explicou, complementará á app estatal RadarCOVID, ofrecendo outras moitas funcionalidades grazas á colaboración voluntaria dos cidadáns.

Así, en primeiro lugar, Passcovid ofrecerá información actualizada da situación da pandemia en toda a Comunidade, coa opción de seleccionar o concello que lle interese ao usuario para consultar as restricións e medidas vixentes nese momento. E comunicará sobre as alertas, os avisos e as recomendacións que as autoridades sanitarias emitan sobre a evolución da covid-19.

En segundo lugar, e se o usuario foi identificado como contacto estreito ou diagnosticado con covid-19, este poderá informar a través da app aos seus contactos estreitos, facilitando así o labor dos rastrexadores. Ademais, poderá rexistrar aqueles establecementos onde estivera mediante o uso dun código QR específico, dispoñible en cada local para este fin.

A maiores, esta nova aplicación ofrecerá tamén acceso a ferramentas do Servizo Galego de Saúde para o seguimento da enfermidade en pacientes que se atopan nos seus domicilios; así como acceso ao rexistro de viaxeiros para aquelas persoas que chegan á Comunidade procedentes de zonas de alta incidencia do virus. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre