Inicio Galicia A Xunta pon de relevo os obradoiros de emprego dual por potenciar...

A Xunta pon de relevo os obradoiros de emprego dual por potenciar a empregabilidade mediante a formación e práctica real

0

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, visitou hoxe os traballos que desenvolven os alumnos do obradoiro Creas II na contorna da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, visitou hoxe os traballos que un total de 20 alumnos do obradoiro dual Creas II están a desenvolver no Monte Viso e en Pedra Castro, na contorna da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Lado destacou a relevancia que para a Xunta teñen estes programas, que permiten alternar a formación para o emprego coa práctica laboral para contribuír á inserción laboral das persoas desempregadas.

Un total de vinte alumnos participan neste programa de formación para o emprego que traballa na rexeneración do Monte Viso, nas melloras silvícolas en Pedra Castro e na elaboración e mantemento das páxinas web do parque forestal deste municipio e no que a Xunta investiu máis de 483.000 euros.

En concreto, trátase de adecuar este monte da cidade para usos recreativos, rexenerar a zona con vexetación autóctona e recuperar a cuberta arbórea da contorna. Tamén se acometen actuacións para mellorar a conectividade da senda peonil para maior desfrute da veciñanza de Santiago de Compostela.

No seu percorrido, a directora xeral, acompañada polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, coñeceu de primeira man as actuacións que se están a desenvolver no marco do obradoiro dual Creas II. Lado destacou ante os alumnos o importante papel destes obradoiros para a inserción laboral das persoas desempregadas ao alternar “a formación para o emprego coa práctica laboral real”.

Actuacións para a empregabilidadeEn 2019 a Xunta promoveu 57 obradoiros duais de emprego por toda a comunidade, favorecendo a empregabilidade de persoas e acometendo intervencións de recuperación de patrimonio histórico, oficios artesanais, enerxías renovables, conservación de rutas do Camiño de Santiago e vixilancia e limpeza de montes para contribuír á prevención de incendios.

O obxectivo de todos eles, tal e como apuntou Zeltia Lado, é incentivar actividades que permitan aos participantes “a inserción a través da profesionalización e da adquisición de experiencia”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre