Na súa intervención, José González reiterou o compromiso do Goberno galego co sector vitivinÃcola, con medidas como o préstamo vendima
O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, puxo de relevo a calidade dos viños galegos e a súa contribución á economÃa e ao futuro do rural. FÃxoo durante a súa participación na entrega de premios ás adegas gañadoras da XXII edición da Cata Concurso RÃas Baixas Albariño 2019, no marco da que cualificou como unha das “festas enoturÃsticas galegas de referencia”.
AsÃ, o titular de Medio Rural en funcións reiterou o compromiso da Xunta co sector vitivinÃcola, ao que se referiu como “punta de lanza de todo o traballo que se está a facer no rural galego”. Nesa liña, lembrou medidas como o préstamo vendima, dotado con ata 60 millóns de euros, que busca que todas as adegas da comunidade poidan mercar a totalidade da uva deste ano en condicións normais de mercado.
Deseñado entre as consellerÃas de EconomÃa, Emprego e Industria e do Medio Rural, trátase dun instrumento que ofrece condicións moi vantaxosas no que se refire ao custo financeiro e ao prazo de devolución, coa posibilidade de ter un perÃodo de carencia de 1 ano e unha amortización de ata 4 anos.
Ao fÃo destes empréstitos, José González lembrou que esta nova liña de financiamento vai da man dunha estratexia sectorial para o viño, integrada no Plan de reactivación e dinamización da ConsellerÃa do Medio Rural.
Canto á rede Mercaproximidade, o conselleiro apuntou que dos máis de 450 produtores que se sumaron a esta iniciativa da Xunta para dar saÃda aos produtos agroalimentarios durante a emerxencia sanitaria, boa parte eran bodegas. AsÃ, González constatou que “aproximadamente 80 novas etiquetas entraron na canle de distribución a través de Mercaproximidade, algunha delas con moi boas vendas”.
A maiores, o titular de Medio Rural en funcións quixo “recoñecer o traballo da denominación RÃas Baixas nas plataformas online”, buscando novas vÃas de comercialización ante as dificultades por mor da covid-19.