Inicio Galicia A Xunta pon a disposición dos pontevedreses o novo edificio Benito Corbal...

A Xunta pon a disposición dos pontevedreses o novo edificio Benito Corbal para facer de Pontevedra unha cidade mellor para vivir con oficinas de emprego, asociacións e instalacións da UVigo

0

Asevera que desde este luns os veciños contarán cun edificio moderno, accesible e versátil, coas tecnoloxías enerxéticas eficientes e en pleno centro da cidade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a posta a disposición de todos os pontevedreses do novo edificio Benito Corbal: 6.000 metros cadrados para facer de Pontevedra unha cidade mellor para vivir, con oficinas de emprego, asociacións e instalacións da Universidade de Vigo.

Durante o acto de inauguración, Feijóo precisou que, cun orzamento total de preto de 5 millóns de euros, os veciños contarán desde hoxe cun edificio moderno, coas tecnoloxías enerxéticas eficientes e en pleno centro da cidade, e que conta: cunha planta soto, cun salón de actos; cunha planta baixa onde se situará a Oficina de Emprego de Pontevedra Bisbarra; cunhas plantas 1ª e 2ª, onde se instalará a Oficina de Emprego de Pontevedra Concello e o Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE); cunhas plantas 3ª e 4ª, destinadas á cesión de asociacións e cunhas plantas 5ª, 6ª e 7ª, que serán cedidas á Universidade de Vigo na súa totalidade, a través dun convenio de colaboración.

O responsable do Goberno galego lembrou que esta infraestrutura únese desde este luns a outras moi importantes para a cidade como os novos edificios xudiciais da Parda, que contan cun orzamento de 20 millóns e cuxa obra prevese que estea finalizada no verán; a rehabilitación da Ponte da Barca; a estación intermodal de Pontevedra, ou o Gran Montecelo, que segue avanzando despois de que a pasada semana a Xunta aprobara o proxecto de expropiación dos terreos para a súa ampliación, e que será un antes e un despois para os pontevedreses que contarán cun servizo sanitario público preparado para os vindeiros 50 anos.

Así mesmo, aseverou que esta edificación moderna, accesible e versátil, pon de manifesto a aposta do Goberno galego pola rehabilitación ante a nova construción, sempre que sexa posible. E vénse a sumar a outras importantes rehabilitacións levadas a cabo na provincia e no resto de Galicia como: o antigo Hospital Xeral de Vigo que, con un investimento de case 30 millóns de euros albergará a Cidade da Xustiza; o antigo centro de saúde de Tui, onde se concentrarán todas as dotacións xudiciais da vila; a antiga Fábrica de Tabacos da Coruña, agora sede da Audiencia provincial; ou a vella delegación de Sanidade da Coruña, que se converterá no novo Espazo Amizar.

Convencidos de que non só se fai cidade construíndo novas edificacións, Feijóo aseverou que a Administración autonómica seguirá rehabilitando e transformando instalacións xa existentes que reúnan as condicións para facelo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre