Inicio Galicia A Xunta pon á disposición do tecido empresarial de Ourense o programa...

A Xunta pon á disposición do tecido empresarial de Ourense o programa ReAcciona para reinventar os seus negocios e facer fronte aos novos retos do mercado

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na xornada sectorial do ReAcciona adicada á mellora da competitividade do sector agroalimentario

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, puxo esta mañá a disposición do tecido empresarial de Ourense o programa ReAcciona para reinventar os seus negocios e facer fronte aos novos retos do mercado, durante a súa participación en Ourense na xornada sectorial ReAcciona adicada á mellora da competitividade do sector agroalimentario.

Así, Conde destacou que na actualidade hai un novo paradigma económico no que é preciso que o tecido empresarial e a Administración traballen conxuntamente para dar resposta ás novas esixencias do mercado, dos consumidores e das propias empresas, unha resposta que pasa pola dixitalización.

Neste sentido, asegurou que programas como o ReAcciona axudan ás pemes e aos autónomos a incorporar novas estratexias e solucións tecnolóxicas aos seus negocios ou acelerar os procesos para ser máis competitivos: “Galicia ten que diferenciarse pola calidade dos seus produtos e para iso necesitamos máis innovación, máis formación e máis internacionalización”, explicou o conselleiro.

A xornada tiña como obxectivo presentar, da man dos seus protagonistas, casos de éxito de empresas participantes en anteriores edicións, así como informar desta iniciativa aos empresarios para que se sumen aos programas ReAcciona que, desde a súa posta en marcha levan apoiado 800 empresas, con servizos para impulsar a competitividade das pemes galegas que pasan por melloras na produción, no eido comercial, estratéxico, financeiro ou da Industria 4.0, ofrecendo axuda a través dun itinerario personalizado e a posibilidade de optar aos apoios do Igape.

Leer más:  El BNG urge al Gobierno a garantizar el uso de la lengua gallega en la UNED

Neste sentido, Conde lembrou que a Xunta achegará, este ano, un financiamento de 135 millóns de euros para apoiar a más de 3000 empresas, a través dunha nova edición do Galicia 1000. Un programa que, desde a súa posta en marcha, hai tres anos, mobilizou máis de 1175 millóns de euros, destacando que un 65% pertence á industria manufactureira.

Con respecto ao sector agroalimentario, no que se centrou a xornada de hoxe, Conde subliñou o seu peso na economía galega, ao contar con 2300 empresas e representar tanto o 14% do PIB galego, como o 14% das exportacións da Comunidade en 2017: “O sector conta con gran percorrido para introducir novas tecnoloxías que lle permitan mellorar tanto os procesos produtivos como as novas formas de comercialización para canalizar mellor os seus produtos e vendas”, indicou.

Coworking Celanova e Terras da LimiaPor outra banda, e dentro do impulso do Goberno galego ao lanzamento de novos negocios e o apoio ao emprendemento, esta tarde comezará a terceira edición do espazo coworking de Celanova e Terras da Limia, onde os promotores de 22 novos proxectos empresariais recibirán formación e asesoramento especializado para acelerar a posta en marcha das súas iniciativas empresariais, que se unen ás 44 impulsadas nas anteriores edicións. Durante cinco meses os emprendedores participarán en actividades docentes e titorías individualizadas no espazo Auditorio Municipal de Celanova, cedido polo Concello. Os proxectos empresariais que desenvolverán enmárcase en sectores tan variados como a agroalimentación, as TIC e os servizos. Inclúen propostas innovadoras como a fabricación de produtos cosméticos naturais, a industria creativa e plataformas de servizos en liña, entre outras, a maioría delas fortemente vinculadas ao aproveitamento de recursos locais e a creación de emprego na zona.

Leer más:  Rueda destaca el patrimonio cultural, el paisaje y la gastronomía como atractivos turísticos de Galicia

O espazo coworking de Celanova e Terras do Limia forma parte da rede de aceleradoras que creou a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), para favorecer o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio. Neles, despois de recibir asesoramento á medida para a posta en marcha das súas empresas, os emprendedores coñecen polo miúdo os instrumentos de apoio dos que disporán unha vez iniciados os seus proxectos.

Acaba de iniciarase tamén esta terceira edición dos coworking nos espazos de Santiago, Ferrolterra, a Ribeira Sacra, a Mariña lucense e a Costa da Morte nos que se acelerarán un total de 130 proxectos empresariais. Mentres, os espazos de San Cibrao das Viñas, especializado no sector forestal-madeira e o de Vilanova de Arousa, centrado na alimentación e no turismo, están rematando a súa primeira edición e teñen aberto xa o prazo de inscrición para a participar nas actividades da próxima. 


- Te recomendamos -