Inicio Galicia A Xunta pídelle ao Concello de Ames dilixencia nos traballos pendentes para...

A Xunta pídelle ao Concello de Ames dilixencia nos traballos pendentes para a posta en servizo do novo centro de saúde do Milladoiro, finalizado xa hai dous meses

0

O novo equipamento sanitario, no que a Xunta investiu 2,7 millóns de euros, está rematado desde mediados de xullo pero pendente aínda de que o Concello remate a tramitación da acometida eléctrica para poder proceder á súa apertura

A Xunta solicítalle ao Concello de Ames dilixencia nos traballos que ten pendentes de tramitación e que están a impedir a posta en servizo do novo centro de saúde do Milladoiro, finalizado desde xa hai dous meses.

Representantes do Servizo Galego de Saúde e da Axencia Galega de Infraestruturas mantiveron esta mañá unha reunión, por videoconferencia, co segundo tenente de alcalde de Ames, José Blas García Piñeiro, para abordar as cuestións que aínda están pendentes por parte da Administración local, relativas á acometida eléctrica. Na reunión participaron a directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, María Jesús Piñeiro, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, entre outros.

O novo equipamento sanitario, no que a Xunta investiu 2,7 millóns de euros, está rematado desde mediados do mes de xullo pero pendente aínda de que o Concello arranxe certas cuestións relacionadas coa acometida eléctrica para poder proceder á súa apertura.

Aínda que o centro de transformación e a instalación dentro do propio edificio xa están executadas, a Administración local ten pendente aínda a tramitación para completar a tramitación da liña de acometida en media tensión a Fenosa, ademais da xestión da execución do centro de seccionamento, partes imprescindibles para o subministro eléctrico do centro de saúde.

Sen estes trámites por parte do Concello de Ames non é posible poñer á disposición dos usuarios o novo equipamento sanitario, algo que estaba previsto no verán, en canto finalizase a súa construción.

A posta en servizo do centro de saúde requiriu, ademais, que o Concello realizase as acometidas de auga e de gas, traballos que quedaron resoltos recentemente.

A nova infraestrutura sanitaria, xa rematada, dispón dunha superficie superior aos 2.100 metros cadrados, conta cun deseño en “espiña de peixe” que mellora a accesibilidade e os espazos de consultas e incorpora os servizos de fisioterapia e odontoloxía. O centro está dimensionado para prestar atención sanitaria a unha poboación que rolda as 14.000 persoas.

Nestes momentos, a Xunta traballa na execución dunha decena de centros de saúde, cun investimento de máis de 30 millóns de euros, continuando así coa súa aposta por construír sanidade pública.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre